Unha guía de viaxe reúne os grandes fitos do patrimonio e a natureza do Camiño

O manual, basado no turismo científico, destaca o valor dos recursos das rutas francesa e de Inverno nos seus tramos galegos

O Camiño de Santiago conta con multitude de vías, recursos e motivacións. Para sumar máis indicadores para probar esta experiencia, a empresa galega Observer, publica Camiños na ciencia, unha guía para peregrinos curiosos.  Este é o primeiro manual de viaxe con perspectiva científica en galego e pretende dar a coñecer e fomentar o camiño dende outras perspectivas. O libro saca á luz infinidade de recursos para o desenvolvemento do turismo científico e elementos do seu patrimonio natural e cultural na área de influencia do Camiño Francés e o Camiño de Inverno nas súas etapas galegas.

A publicación conta a ciencia que hai detrás do patrimonio natural e cultural do camiño dende múltiples perspectivas como a xeoloxía, botánica, zooloxía, pero tamén a astronomía, medicina, química e, por suposto, arqueoloxía e historia. Estas ramas do saber explican, de forma divulgativa e novidosa, máis de 100 puntos de interese. Ademais, conta con información básica sobre a organización do camiño e desvíos na ruta para aqueles peregrinos máis intrépidos que queren coñecer lugares asombrosos fora do itinerario marcado.

Publicidade

guía camino
Momento da presentación da guía.

A guía comeza co capítulo O Camiño de Santiago, un destino de ciencia,  para conectar co contexto histórico e a tradición xacobea. En Informacións esenciais recóllense aquelas consideracións imprescindibles antes de comezar calquera dos camiños abordados no manual. Nos capítulos seguintes o libro entra nas entrañas do Camiño Francés e o Camiño de Inverno e, o capítulo final, dedícao a Santiago, a meta común.

Este innovador recurso, presentado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pódese descargar de forma gratuíta en formato e-book dende a súa web. Na páxina tamén se pode ter acceso a rutas, xeolocalizacións e sinalizacións dos principais puntos de interese dos Camiños que se abordan no documento.

Publicidade


Podes atopar a guía na páxina web de Observer na sección “guías de viaje”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O misterio da gran xoia desaparecida de Galicia: unha investigación achega novas pistas da cruz de Afonso III

Un estudo de Francisco Prado Vilar revisa os expedientes xudiciais do roubo da reliquia, que se produciu en 1906, e localiza fotografías inéditas

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Tapar o cheiro dos peregrinos? Non, este é o verdadeiro propósito do botafumeiro da Catedral de Santiago

O divulgador de historia da arte El Barroquista desmonta unha crenza estendida e sinala que a súa función estaba ligada á solemnidade do templo

Do túmulo neolítico de Chousa Vella á foxa medieval de Fontenla: un proxecto afina o pasado arqueolóxico de Galicia

Unha investigación da Xunta de Galicia e o Incipit analiza 33 mostras para determinar a súa antigüidade a través da proba do carbono 14