Fogóns de Anllóns e Fragas do Eume, protagonistas da Deputación da Coruña en Fitur

Os cinco concellos de Bergantiños e os cinco do Eume estarán representados na Feira especializada en Turismo máis representativa do Estado

Os Plans de Sustentabilidade Turística en Destino de ‘Os Fogóns do Anllóns’ e das ‘Fragas do Eume’ serán os protagonistas dos dous actos institucionais que a área de Turismo da Deputación da Coruña desenvolverá en Fitur. Será o vicepresidente da institución provincial e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, quen encabece a delegación da provincia na Feira especializada en Turismo máis relevante do Estado, e na que participarán representantes políticos dos concellos de ambas comarcas (de Bergantiños e do Eume), así como representantes do tecido social, económico e deportivo.

Xosé Regueira asegura que esta decisión de difundir dous Plans de Ssustentabilidade Turística en Destino está enmarcada “nunha aposta política e nunha estratexia turística baseada no valor do propio e nas potencialidades do noso territorio”. Neste senido, o vicepresidente lembra: “Levamos moitos anos traballando de xeito constante priorizando a calidade sobre a cantidade, apostando claramente por iniciativas que inclúan parámetros de sustentabilidade, que poñan en valor a autenticiadade do noso territorio e das e dos profesionais que traballan nel e, sobre todo, na defensa dun retorno económico para a comunidade local”.

Publicidade

A primeira das citas da Deptuación en Fitur será a presentación de ‘Os Fogóns do Anllóns’, que terá lugar o mércores 18 ás 12:30h no stand de Turgalicia. Nesta presentación tratarase de poñerlle voz e cara ao proxecto a través dun audiovisual que recollerá intervencións de representantes de sectores como o colectivo de mariscadoras do esteiro do Anllóns, de produtores de legumes e pataca, panadaría, restauración e mesmo deportistas que utilizan o propio Anllóns para as súas prácticas deportivas.

O audiovisual tamén recollerá as voces dos cinco alcaldes dos concellos que conforman o proxecto – A Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana-, e a do vicepresidente da Deputación. Ademais do audiovisual, tamén intervirán unha representación das tres administracións con participación activa no Plan: a Xunta, a Deputación e a Asociación de Concellos, así como unha representante do tecido social e económico da comarca.

Publicidade

A segunda das citas, terá lugar o xoves 19 ás 18h e terá o Plan de Sostibilidade Turística en Destino ‘As Fragas do Eume’ como protagonista. Tamén incluirá un vídeo promocional que recolle as potencialidades dos cinco concellos participantes no proxecto –As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela-, e repetirá o esquema de intervencións de representantes da Xunta, Deputación e Concellos.

Convén lembrar que todos os proxectos que o departamento provincial de Turismo impulsou nas diferentes convocatorias de Plans de Sustentabilidade do Ministerio foron aprobadas con éxito: Xeoparque Cabo Ortegal, Fragas do Eume, Fogóns do Anllóns e Vía Verde. Entre todos suman 6 millóns de euros de fondos europeos  (1,5 millóns de euros cada un) e implican a un total de 22 concellos da provincia; sendo todo eles proxectos altamente comprometidos co territorio, coa conservación co medio natural e que tamén teñen o medio natural como motor de desenvolvemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade

Os chefs Iria Espinosa e Luís Veira representan ‘A paisaxe que sabe’ no Premio Cociñeiro/a Galego/a 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca o "momento extraordinario" da cociña coruñesa polo seu produto, identidade e creatividade

A Coruña consolida o seu prestixio gastronómico na feira Salón Gourmets

A Deputación valora a súa participación no evento celebrado en Madrid cun balance "moi positivo" e a sensación de deixar a restauración coruñesa na mira internacional

Descubertas dúas especies de cogomelos inéditas en Galicia

Un estudo da Federación Galega de Micoloxía e impulsado pola Deputación da Coruña identifica os exemplares no Pazo de Mariñán, no concello de Bergondo