De Portosín a Rianxo: fin da viaxe pola contorna do Barbanza

A visita aérea entre as dúas vilas, á beira das rías de Muros e Noia e Arousa, pecha o percorrido por case 1000 km da costa da provincia da Coruña

A península do Barbanza, a través da cal se ergue a serra do mesmo nome, adéntrase no Atlántico deixando ás súas beiras dous dos esteiros máis relevantes da costa galega; os de Muros e Noia e Arousa. Salpicada por vilas de longa tradición pesqueira, vestixios arqueolóxicos de gran valor e paisaxes cativadoras, representa o límite sur da provincia da Coruña. E a través dela finaliza a viaxe que amosa a área de Turismo da Deputación provincial, na que se poden percorrer os case 1000 km de costa.

Partindo de Portosín, na zona interna da ría de Muros e Noia, o voo continúa ata a localidade veciña de Porto do Son. Neste termo municipal atópase un dos enclaves máis fascinantes da zona, o castro de Baroña, un xacemento unido á terra firme por unha pequeno istmo, que esperta a imaxinación levándonos ata épocas prehistóricas nas que os poboadores se estableceron neste lugar.

Publicidade

A medida que nos achegamos á parte máis externa do Barbanza, o mar amósase con maior fereza, e as paisaxes continúan cativándonos. A praia das Furnas, o faro de Corrubedo, a súa vila e o complexo dunar, nun terreo chan que contrasta co accidentado da maior parte da península, amósannos unha nova cara da zona.

Xa na beira arousá da península espállanse as vilas que medraron ao abeiro da industria pesqueira e marisqueira, como Aguiño, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. E tamén desfurutamos de espazos cativadores, como o mirador da Pedra da Rá, as illas de Sálvora e A Rúa ou o castelo da Lúa. Coa vista das bateas, un dos grandes motores do desenvolvemento da zona, chega á súa fin esta viaxe que partiu de Bares, e que podes desfrutar de novo aquí:

Publicidade

Os 956km da costa da Coruña, desde o aire

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Betanzos rende homenaxe ao seu pasado como capital galega do lúpulo

A segunda edición da festa, impulsada pola Deputación da Coruña, celebrará do 11 ao 13 de setembro a tradición con catas, 'showcookings', concertos e visitas aos campos de cultivo

Turismo sostible a través da identidade gastronómica e patrimonial: este é o proxecto ‘Os Fogóns do Anllóns’

A Deputación da Coruña completa dúas novas actuacións en Cabana de Bergantiños e Ponteceso para impulsar o plan enogastronómico

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

A Deputación da Coruña recibe en Madrid o Premio Gourmet Turismo Gastronómico

O galardón recoñece a aposta da institución provincial por un modelo baseado na calidade, a autenticidade e a sostibilidade