De CO2 a metanol: o equipo galego que busca alternativas aos combustibles fósiles

O grupo do CiNBIO liderado por Miguel Correa desenvolveu un catalizador que utiliza luz solar para transformar dióxido de carbono nun composto pouco contaminante

Un grupo de científicos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (Cinbio) da Universidade de Vigo traballa nun proxecto para producir metanol, un composto químico pouco contaminante que se pode empregar de maneira sinxela e eficiente como unha alternativa aos combutibles fósiles.

“O compoñente innovador que ten este proxecto é que desenvolvemos un catalizador que utilizando só a luz solar é capaz de transformar o CO2 en metanol”, explica Miguel Correa, líder do grupo TeamNanotech do Cinbio. “Ademais, facémolo co mellor rendemento que se conseguiu ata o momento”, engade.

Publicidade

O proceso, explica o equipo, é moi sinxelo. Consiste en introducir o catalizador dentro da auga e pasar o CO2 por esa disolución. A continuación, irrádiase coa luz solar. Simplemente con ese proceso, o dióxido de carbono transfórmase na superficie do catalizador, e na auga queda o metanol.

Con todo, esta non é a única innovación do proxecto, xa que o catalizador do equipo de Correa ten outra novidade que o fai aínda máis efectivo. “Dentro deles hai unha nanopartícula de ouro. Esta é unha das razóns de que aumente a acticidade do catalizador porque interacciona dun xeito máis eficiente coa luz solar”, conclúe Correa.

Publicidade

Elena Martín
Elena Martín
Realizadora audiovisual, xornalista e tradutora. Licenciada en comunicación audiovisual por la USC, máster en documental creativo pola UAB e máster en tradución audiovisual pola UOC. Forma parte da cooperativa de comunicación social Xarda e colabora en varios medios de comunicación como O Salto Galiza, GCiencia, Traveler ou Pikara Magazine

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Cóntame que leva a túa perovskita, e direiche como contamina: alternativas para materiais emerxentes

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando a toxicidade na escala 'nano' co obxectivo de establecer un emprego seguro