O CINBIO entrega a distinción Gold Talk a Lluís Torner, experto en fotónica

O director do Instituto de Ciencias Fotónicas de Barcelona é o primeiro galardoado nun evento celebrado no Pazo da Oliva, en Vigo

O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este xoves a primeira edición da distinción CINBIO Gold Talk, que busca recoñecer o traballo de persoas e institucións que impulsan a ciencia e inspiran co seu traballo diario e co seu discurso. A cita foi no Pazo da Oliva e a persoa que tivo a honra de recibir esta distinción foi Lluís Torner, director do Instituto de Ciencias Fotónicas, ICFO, de Barcelona.

O obxectivo deste galardón, como explica o director do CINBIO, Miguel Correa, é recoñecer a traxectoria de científicos e científicas, destacando o papel fundamental da ciencia no avance da sociedade e o coñecemento humano. Queremos axudar a promover a persoas e institucións que contribúen ao impulso e desenvolvemento da ciencia, a través do exercicio da investigación ou outras facetas relacionadas que favorecen e fomentan o progreso da I+D, como é a xestión, dirección, transferencia ou difusión de ciencia; sobre todo nos ámbitos de actuación do centro como son a biomedicina e os nanomateriais. Ademais, este evento pretende crear unha plataforma para o recoñecemento público e tamén actuar como unha fonte de inspiración para talentos emerxentes, alentándoos a forxar as súas carreiras na investigación e na innovación.

Publicidade

O primeiro Gold Talk

O primeiro Gold Talk que outorga o CINBIO é para Lluís Torner, fundador do Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO), entidade de referencia mundial no seu campo. Torner dirixiu este centro dende a súa creación en 2007 pero o pasado mes de setembro anunciou que deixará o cargo, no que segue mentres non se concreta a persoa que o sucederá. Ademais desta responsabilidade, Torner é asesor de numerosas entidades públicas e privadas de varios países en temáticas de prospectiva científica e tecnolóxica e foi membro do High-Level Group do European Quantum Flagship e do Future and Emerging Technologies Advisory Board, ambos da Comisión Europea. No que atinxe aos recoñecementos, ten recibido diversas distincións, como o Premi Nacional de Recerca 2016, que otorga a Generalitat de Catalunya e o Premio de Liderado de ámbito global da Optical Society of América. 

No seu discurso no acto deste xoves, Torner amosou a súa filosofía de traballo como elemento inspirador que impulsa a ciencia día a día, compartindo as súa perspectiva sobre a relevancia da investigación para a sociedade e a maneira en que a inversión en ciencia básica pode impulsar avances significativos.

Publicidade


Podes ler a noticia completa do DUVI na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Cóntame que leva a túa perovskita, e direiche como contamina: alternativas para materiais emerxentes

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando a toxicidade na escala 'nano' co obxectivo de establecer un emprego seguro

Unha investigación galega propón un tratamento contra a artrose que ataca o envellecemento celular

O proxecto SENPAD desenvólvese no marco da convocatoria Ignicia Proba de Concepto articulada pola Axencia Galega de Innovación

Do CINBIO a Sudáfrica para estudar a recombinación da covid: historia dunha viaxe

O grupo CME da UVigo leva anos estudando a evolución dos virus a través da bioinformática e centra parte dos seus estudos na monitorización do SARS-CoV-2