Un equipo galego desenvolve un innovador método para mellorar a construción naval

O procedemento estatístico, creado no CITC, predí o éxito dun paso crítico do ensamblado de buques a través de simulacións exhaustivas

Un innovador procedemento estatístico para optimizar a construción naval. Este é o estudo que vén de publicar o grupo de investigadores do CITIC da Universidade da Coruña (UDC) integrado por Salvador Naya, Ricardo Cao e Javier Tarrío. O seu obxectivo é optimizar o proceso de ensamblaxe de bloques na construción naval. Este método está deseñado para predicir a probabilidade de éxito ao inserir elementos transversais a través de paneis que conteñen compoñentes lonxitudinais, un paso crítico na construción de buques.

O procedemento baséase en simulacións exhaustivas con datos sintéticos. Os investigadores analizaron factores clave como as dimensións dos paneis, a súa estrutura e propuxeron un novo método que permite calcular a probabilidade de enfiado das bulárcamas, elementos do esqueleto dun buque que serven para reforzar a resistencia do casco. Ademais, realizaron unha análise de sensibilidade que identifica as variables máis influentes no proceso.

Publicidade

O investigador do CITIC, Salvador Naya, resalta que “este avance estatístico non só axuda a garantir ensamblaxes de maior calidade, senón que tamén contribúe ao cumprimento dos prazos de produción, redución de custos e consumo eficiente de recursos. É unha achega significativa para aumentar a competitividade dos estaleiros”.

Industria 4.0

Segundo destacan os expertos, a construción naval, un sector altamente competitivo, enfronta retos relacionados coa variabilidade dos seus procesos e a necesidade de mellorar a precisión das ensamblaxes. Este estudo propón unha análise exhaustiva das variables críticas que afectan ao ensamblado de bloques de paneis, contribuíndo á transformación dixital dos estaleiros cara unha maior automatización, como parte da iniciativa da Industria 4.0. No caso do estaleiro de Navantia en Ferrol, búscase reducir os tempos de produción e os custos mediante a integración de tecnoloxías avanzadas como a robótica e os dispositivos interconectados (IoT).

Publicidade

O estudo, publicado na revista Quality and Reliability Engineering International, presenta unha ferramenta personalizada para avaliar a competencia dos estaleiros neste proceso clave e suxire melloras baseadas nos resultados obtidos.

O procedemento, baseado datos sintéticos e reais de Navantia, aplícase no marco do “Proxecto de Control Dimensional” que se iniciou dentro da Unidade Mixta de Investigación Navantia – Universidade da Coruña, e que continua nesta mesma liña dentro do novo Centro Mixto de Investigación (CEMI), onde se utilizan ferramentas estatísticas para automatizar procesos e mellorar a precisión dimensional.


Referencia: Statistical Procedure for Panel Block Assembly in Shipbuilding publicado en Quality and Reliability Engineering International

Gloria Montenegro
Gloria Montenegro
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Valladolid. Comezou a súa andaina profesional en Faro de Vigo e Si Radio de Galicia. A súa experiencia profesional levouna polas redaccións de Nós Diario e Metropolitano.gal, mais tamén pola comunicación de festivais como Revenidas ou de grupos como Banda Crebinsky. Sempre cunha cámara de fotografía na man, retratou artistas como Rodrigo Cuevas ou Tanxugueiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC desenvolve un novo modelo de cálculo para deseñar unións metálicas con parafusos pasantes

O estudo do CITENI avanza cara a estruturas máis sostibles ao reducir a dependencia de solucións soldadas permanentes e favorecer a reutilización dos elementos estruturais

Un estudo da UDC achega novas claves para crear paneis solares máis estables e duradeiros

O investigador Alberto García participa nun artigo que axuda a comprender os principais obstáculos das prometedoras células solares de perovskita para chegar ao mercado

Investigadoras da UDC revelan que o extinto oso do Atlas tiña unha dieta estritamente vexetariana

O estudo, reseñado na prestixiosa revista científica ‘Science’, apunta a que esta alimentación puido favorecer a súa convivencia con grandes depredadores no norte de África

Un equipo de Ferrol crea unha metodoloxía para avaliar os riscos dos combustibles marítimos alternativos

O investigador da UDC José Miguel Mahía deseña ao abeiro da súa tese unha ferramenta que permite identificar, clasificar e priorizar riscos en escenarios con información limitada