Este cranio de quen é? Como identificar restos humanos con imaxes de antes e despois da morte

Un investigador do CITIC desenvolve un sistema que axudará a mellorar a metodoloxía da superposición craniofacial

A superposición craniofacial é unha técnica forense que apoia a toma de decisións cando se trata de identificar restos óseos. Concretamente, baséase na análise da superposición dun cranio atopado e sen identificar (post mortem) con imaxes faciais (ante mortem) de persoas desaparecidas. Aínda que a día de hoxe trátase dun aspecto crucial na identificación forense, a súa aplicación foi complexa e subxectiva dende os seus inicios. 

Agora, o investigador do CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións) Óscar Panizo quere ir un paso máis alá e, xunto co Instituto DasCI da Universidade da Granada e en colaboración coa empresa Panacea Cooperative Research, están a traballar no desenvolvemento dunha nova metodoloxía para impulsar a superposición craniofacial e reducir a súa marxe de erro.

Publicidade

No seu derradeiro estudo ‘Evidence evaluation in craniofacial superimposition using likelihood ratios’, publicado na revista Information Fusion, introduciron un sistema de avaliación baseado nunha metodoloxía moi utilizada noutros campos forenses como a análise de ADN, a identificación por voz e as impresións dixitais: trátase da razón de verosimilitude (LRs, polas súas siglas en inglés), a cal mide a precisión dunha proba. 

A investigación propón a aplicación pioneira deste enfoque na superposición craniofacial, mediante tres experimentos que adestran e proban o sistema en distintas condicións de imaxes faciais. O primeiro utiliza fotografías frontais, o segundo emprega fotografías laterais, e o terceiro integra ambas perspectivas.

Publicidade

Os resultados dos experimentos demostran que o sistema LR proposto ofrece unha excelente calibración e poder discriminatorio, proporcionando aos expertos forenses unha ferramenta cuantitativa para avaliar e integrar probas.

Referencia: Evidence evaluation in craniofacial superimposition using likelihood ratios (Publicado en Information Fusion)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura