Instalacións de Prosistemas, que desenvolverá os chans ultraplanos. Foto: Prosistemas.

Instalacións de Prosistemas, que desenvolverá os chans ultraplanos. Foto: Prosistemas.

Óptica para obter chans ultraplanos

O Laboratorio de Óptica da Universidade de Vigo colabora coa empresa Prosistemas para desenvolver pavimentos mediante a tecnoloxía fotónica

O Laboratorio de Óptica da Universidade de Vigo colaborará coa empresa Prosistemas, especializada en chans e pavimentos industriais, comerciais, deportivos e decorativos, no desenvolvemento de diferentes iniciativas relacionadas coa aplicabilidade da tecnoloxía fotónica a solos ultraplanos. O catedrático de Óptica Humberto Michinel lidera desde o campus de Ourense esta colaboración.

O catedrático da UVigo Humberto Michinel. Foto: Duvi.

O catedrático da UVigo Humberto Michinel. Foto: Duvi.

Segundo explican desde Prosistemas, a iniciativa materializouse o pasado 30 de xullo coa sinatura dun acordo co Departamento de Física Aplicada e esta semana botou a andar coa celebración da primeira reunión técnica. “A empresa contactou con nós porque estaba buscando como ampliar as súas actividades en I+D+i. A nós pareceunos interesante esta colaboración porque nos permite dar unha aplicación práctica a cuestións de investigación que xa dominamos no eido da luz e do láser”, comenta Humberto Michinel.

O acordo, detallan desde a entidade, céntrase en tres aspectos tecnolóxicos. “O primeiro e máis importante consistirá en facer unha análise profunda dos chans de Prosistemas desde o punto de vista da cor, o brillo e a reflectancia”, sinalan. Esta caracterización das propiedades ópticas, indican, permitiralles “definir e cuantificar mellor estas magnitudes”. Ademais, o acordo está enfocado á medición da planimetría en grandes pavimentos empregando autocolimadores láser. Por último, os investigadores abordarán a aplicación a pavimentos da fotocatálise co obxectivo de neutralizar axentes contaminantes.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.