A UVigo lidera un proxecto europeo para mellorar as comunicacións por satélite a través da fotónica

O investigador Francisco Díaz, do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vifo (UVigo), dirixirá nos vindeiros catro anos un proxecto europeo para mellorar o funcionamento e a comunicación dos satélites empregando microondas fotónicas. Díaz é un dos máis importantes investigadores en fotónica integrada. Este novo proxecto Marie Curie dentro do programa Horizonte Europa da Unión Europea é o terceiro que dirixe o tamén profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo.

MicroWave Photonic Technologies for Communications and Sensing Applications in Space (MWp4SPACE), nome que recibe o programa, encargarase de formar á futura xeración de especialistas en dispositivos e sistemas integrados empregando microondas fotónicas no eido aeroespacial. “Trátase dun programa de formación que permitirá crear unha rede de profesionais capaces de atender os retos dunha tecnoloxía como son as microondas fotónicas integradas cunha gran demanda na industria aeroespacial”, aclara o investigador, “xa que ao estar integradas nun chip teñen menor tamaño, peso e consumen menos que o equipamento de satélite existente actualmente”.

Publicidade

Ademais, continúa Díaz, “integran múltiples dispositivos e funcionalidades nun so chip e teñen maior rendemento e facilitará a creación de novos sensores para observación da Terra (imaxes, vídeos, sensores infravermellos, etc) e comunicacións entre satélites e satélite-Terra. Destas vantaxes obteranse beneficios para os usuarios finais en forma de mellores sistemas de localización (GPS e Galileo), comunicacións mais avanzadas, mellores modelos de clima ou predición de modelos da Terra”.

Futuras oportunidades

Este novo proxecto sitúa a atlanTTic no centro da tecnoloxía fotónica integrada e amplía as futuras oportunidades para os investigadores deste centro. “Levamos anos traballando desde Vigo con outras universidades especializadas nesta tecnoloxía como a Politécnica de Barcelona ou a de Valencia, compartindo coñecemento e resultados e creando unha rede de colaboración que definirá a axenda dos investigadores españois especializados nunha tecnoloxía que está a medrar significativamente en Europa e que xa está por diante doutras potencias  en investigación, como é Estados Unidos”, sinala Díaz.

Publicidade

As habilidades que deberán desenvolver estes futuros especialistas permitirán crear redes seguras e reconfigurables tanto con satélites próximos á superficie da Terra como son os LEO (Low Orbit Earth) e os MEO (Medium Orbit Earth) para comunicacións por satélite e observación da Terra.

O programa MWP4SPACE está dirixido polo investigador de atlanTTic pero participan  nel outras cinco universidades europeas (DCU Dublin City University, Mbryonics, CNIT – Consorzio Nazionale Interuniversitario per le Telecomunicazioni-, Scuola Universitaria Superiore Pisa – Sant’Anna e University College Cork), unha institución académica sen ánimo de lucro (Tyndall National Institute) e nove empresas que son referencias mundiais en fotónica e tecnoloxías espaciais (Alter Technology, Ghent University, III-V Lab, CamGraPhIC, VPI Photonics, Pilot Photonics, Antwerp Space, Université de Rennes e Thales Alenia Space).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadoras galegas demostran que as queimas prescritas axudan os solos a resistir os incendios

Un estudo da Universidade de Vigo avala o procedemento como unha estratexia de xestión forestal sostible

Un equipo da UVigo desenvolve un sistema que predí a calidade do aire interior en tempo real

A solución combina dispositivos autónomos de baixo custo cun modelo avanzado de intelixencia artificial

11F na UVigo: un mes de actividades para visibilizar o papel das mulleres na ciencia e rachar estereotipos

Un amplo programa nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense inclúe obradoiros, feiras, charlas, proxeccións, concursos e encontros coa comunidade educativa e coa cidadanía

Investigadoras galegas revelan que o 70% dos solos europeos están contaminados por pesticidas

O estudo coordinado pola UVigo, publicado en 'Nature, analiza 373 mostras de 26 países para amosar as alteracións producidas en fungos, bacterias e nematodos