O proxecto das Cíes como Patrimonio da Humanidade lanza a súa web

Cíes Patrimonio, o proxecto co que o arquipélago aspira a entrar na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco, presentou esta semana unha páxina web na que se recolle a documentación da candidatura e os traballos científicos realizados desde o comezo da iniciativa, hai xa catro anos.

Entre os contidos, destaca unha extensa bibliografía científica, con máis de 300 publicacións nacionais e internacionais, recollida polos trinta membros do comité de investigadores que asesoran a candidatura en eidos como a historia, a flora e a fauna terrestre e mariña, a xeoloxía, a economía ou a paisaxe. Tamén se pode ver este vídeo, no que diversos expertos poñen de manifesto a riqueza do arquipélago.

Publicidade

Por outra banda, a páxina inclúe todas as actividades que se están desenvolvendo ao redor da candidatura, máis de cen ata agora, ademáis dos traballos de investigación que o concello está a financiar, como accións educativas e de voluntariado. Ademais, hai unha axenda na que os interesados poderán descubrir os eventos que se celebrarán proximamente. “Somos pioneiros na cooperación coa universidade; o único concello de España que colabora coa investigación desta maneira”, dixo Caballero.

Actividades da candidatura

O portal de Cíes Patrimonio persegue tamén a interacción cos cidadáns que queiran respaldar a candidatura, coa sección “Únete”, na que calquera persoa pode asinar para apoiar o proxecto e facerse voluntario nas numerosas actividades programadas nos vindeiros meses. Neste senso, a axenda da web recollerá todas estas iniciativas.

Publicidade

A páxina foi presentada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a coordinadora do comité técnico da candidatura, Yolanda Aguiar. O rexedor sinalou que o lanzamento do portal, “é un paso moi importante no camiño de Cíes para converterse en Patrimonio da Humanidade da Unesco”.

Podes visitar o portal de Cíes Patrimonio nesta ligazón.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Unha campaña confirma a ocupación do castro das Cíes dende a época castrexa á Idade Media

O estudo levou a cabo dúas sondaxes na zona que confirmaron a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy