O biotecnólogo coruñés César de la Fuente, Premio Princesa de Girona

O investigador, afincado nos Estados Unidos e formado no MIT de Massachusetts, investiga para atopar novos antibióticos fronte ás 'súperbacterias'

César de la Fuente Núñez foi recoñecido co Premio Fundación Princesa de Girona Investigación Científica 2021. O nome do premiado anunciouse hoxe no transcurso dun acto presidido por Felipe VI onde se reflexionou sobre os retos da ciencia e a importancia de mobilizar o talento dos mozos para construír o cambio a través do mentoring. O evento non se celebrou en Xirona, senón que tivo lugar no Centro Cultural Las Cigarreras (Alacante), grazas á colaboración co concello da cidade.

Un xurado de expertos valorou “o seu liderado e excelente traxectoria científica no campo da bioloxía computacional que aúna unha produtividade científica extraordinaria cunha capacidade de transferencia da tecnoloxía desenvolvida”. O xurado remarcou tamén que “o deseño de novos antibióticos por computación é de enorme relevancia social e industrial”.

Publicidade

Ademais, destacou que o premiado “é un dos innovadores máis importantes do mundo por dixitalizar a evolución para crear antibióticos mellores e a súa actividade en defensa de grupos socialmente desfavorecidos”.

O xurado estivo presidido pola presidenta da Axencia Estatal do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rosa Menéndez e integrado tamén pola directora científica do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), María Blasco; o investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) e director da Fundación Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo; a Catedrática de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia, Adela Cortina; a Presidenta da Fundación COTEC, Cristina Garmendia; o biólogo Daniel Ramon Vidal; o físico e Reitor Emérito da Universidade de Luxemburgo, Rolf Tarrach; o físico e director fundador do ICFO, Lluís Torner; a química e directora do Grupo de Nanoelectroquímica na Universidade de Copenhague, María Escudeiro Escribano (Premio FPdGi Investigación Científica 2018) e que actuou como secretaria do xurado.

Publicidade

Biografía do premiado

O científico coruñés leva a cabo una das investigacións máis prometedoras para vencer ás temidas superbacterias, resistentes aos antibióticos. César de la Fuente Núñez (A Coruña, 1986) é profesor catedrático na University of Pennsylvania (Estados Unidos) onde lidera o Machine Biology Group, que ten como obxectivo principal desenvolver novos antibióticos mediante computadores.

É licenciado en Biotecnoloxía pola Universidade de León e doutor en microbioloxía e immunoloxía pola University of British Columbia (Canadá), grazas a unha bolsa da Fundación “La Caixa”. Realizou estadías de investigación e formación en destacados centros como o Massachusetts Institute of Technology – MIT- (Estados Unidos), grazas a unha bolsa da Fundación Ramón Areces.

César de la Fuente: “No 2050, as superbacterias poderían ser a maior causa de morte”

Desde hai décadas non se descubriron novos antibióticos e as bacterias son cada vez máis resistentes aos antibióticos existentes. As investigacións de De la Fuente Núñez céntranse no uso de computadores para descubrir clases de antibióticos completamente novos que poidan salvar millóns de vidas. Os resultados das súas investigacións recibiron numerosos recoñecementos entre os que destacan o Langer Prize, o ACS Kavli Emerging Leader en química, o AIChE’s 35 Under 35 Award, o ACS Infectious Diseases Young Investigator Award, ou o XENE Top 10 Under 40.

En 2019, César de la Fuente foi recoñecido polo MIT Technology Review como un dos innovadores máis importantes do mundo por “dixitalizar a evolución para crear antibióticos mellores”. De la Fuente é autor de case un cento de artigos científicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Un proxecto galego crea ferramentas para detectar a sarcopenia a partir de imaxes radiolóxicas lumbares

Unha iniciativa do IIS Galicia Sur analiza datos clínicos con IA para extraer biomarcadores arredor dunha enfermidade ligada ao envellecemento e o sedentarismo

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar