Venres 19 Abril 2024

O Nobel de Medicina, para os descubridores da inmunoterapia contra o cancro

Os científicos James P. Allison (Estados Unidos) e Tasuku Honjo (Xapón) son os gañadores do premio Nobel de Medicina 2018 polos seus achados na investigación da inmunoterapia contra o cancro, segundo anunciou esta mañá o xurado do prestixioso galardón. Allison e Honjo realizaron importantes avances para conseguir que o sistema inmunitario do organismo poida atacar e destruír ás células tumorais.

O investigador estadounidense estudou en profundidade unha proteína que actúa como freo no sistema inmune, e caeu na conta de que, ao suprimir este freo, as defensas do organismo humano poden atacar aos tumores. Pola súa parte, Honjo descubriu outra proteína nas células inmunitarias e, despois dun detallado estudo das súas funcións, puido revelar que tamén actuaba como un freo, pero cun mecanismo distinto de acción. E do mesmo xeito, ao conseguir obviar este freo, demostrouse que o achado podería ser moi efectivo contra o cancro, segundo informa a Academia sueca.

Publicidade

O estudo desta nova terapia contra os tumores ofreceu este ano xa esperanzadores resultados, como o caso dunha muller de 49 anos que conseguiu curarse dun cancro de mama grazas a este método despois de que non funcionase a quimioterapia.

Así, Allison e Honjo demostraron como, con estratexias distintas, é posible inhibir o ‘engano‘ que o cancro produce no sistema inmune para que non neutralice o avance das células tumorais. Uns achados que van ser esenciais na futura loita contra a doenza.

James P. Allison

Naceu en 1948 en Alice (Texas). Doutorouse na universidade de Texas, en Austin, e foi investigador na Fundación para a Investigación Clínica Scripps de La Jolla, e impartiu clase no System Cancer Center da universidade de Texas, na universidade de California e no Memorial Sloan-Kettering Cancer Center de New York.

Tasuku Honjo

Naceu en 1942 en Kyoto. Despois de graduarse, desenvolveu a súa carreira investigadora en Estados Unidos, na Carnegie Institution of Washington e no National Institutes of Health. Doutorouse na universidade de Kyoto e foi posteriormente investigador e profesor nas universidades de Tokio, Osaka e Kioto, onde exerceu tamén como decano da Facultade de Medicina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Unha nova inmunoterapia contra o mieloma múltiple é máis efectiva que a CAR-T

Aínda que os pacientes sobreviven agora máis tempo, trátase dunha enfermidade na que unha proporción importante de pacientes recae