Holocausto ibérico hai 4.500 anos

Hai 4.500 anos, unha vaga de humanos procedente do Cáucaso desprazouse cara ao sur do continente. E segundo sinala unha investigación realizada por científicos da universidade de Harvard, aniquilou practicamente á poboación masculina que vivía naquel momento na Península Ibérica. Así o sinala un traballo realizado por David Reich, investigador da Harvard Medical School, presentado esta fin de semana nun evento organizado pola revista New Scientist en Londres, e que pode mudar a historia do xenoma ibérico.

Mentres que noutras zonas de Europa houbo mestura, en Iberia a aniquilación foi case total

Estes humanos, coñecidos de forma xenérica como yamna, procedían do leste de Europa, sobre todo do Cáucaso, de onde partiron hai arredor de 5.000 anos. E en apenas centos de anos, expandíronse nun enorme territorio, substituíndo aos habitantes de cada zona. “Son os principais contribuíntes aos europeos de hoxe”, sinala Reich no seu traballo. Deste xeito, é posible que gran parte dos nosos xenes procedan destas poboacións.

Publicidade

O caso da Península Ibérica, segundo explica o científico de Harvard, foi chamativo. Unha especie de holocausto prehistórico, empurrado posiblemente por algunhas enfermidades que trouxeron con eles os invasores, e que se puido reconstruír a través da xenética. Porque o cromosoma Y que ata ese momento era característico de España e Portugal desapareceu completamente despois da chegada dos yamna. Ata o 90% do xenoma foi reemprazado, mentres que en outros puntos de Europa a mestura foi maior, sen chegar a desaparecer completamente as trazas xenéticas anteriores aos yamna. Isto suxire que o home ibérico foi masacrado, e que os yamna comezaron a ter descendencia coas mulleres que ata entón vivían na Península, aínda que o estudo non afonda neste asunto.

Os yamna posuían, segundo se expón no traballo, algunhas vantaxes tecnolóxicas, como un maior desenvolvemento da roda e cabalos domesticados. Ademais, algúns estudos, nos que tamén participou David Reich, apuntan que estes pobos foron os ‘pais’ da difusión das linguas indoeuropeas polo oeste de Europa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Apagamento ibérico, ano 1: da caída do sistema eléctrico ao seu custoso reforzo

Administracións públicas e empresas do sector impulsan millonarias actuacións para blindar a subministración e evitar futuras emerxencias enerxéticas

Investigador galego participa na identificación de áreas clave para a conservación de artrópodos

O equipo do estudo, con presenza da USC, xerou unha base de datos con máis de 6.000 especies da Península e Baleares

Por que foi tan difícil recuperar a rede eléctrica tras o apagamento masivo?

Unha grande oscilación nas enerxías fotovoltaicas provocou unha caída do sistema que precisou de horas para repoñerse con seguridade

Estas son as claves da primeira secuencia completa do cromosoma Y humano

Este avance revela importantes características xenómicas, con implicacións para a fertilidade e en enfermidades como o cancro