Xoves 28 Marzo 2024

Un instituto de Melide crea unha táboa periódica interactiva en galego

O proxecto, impulsado por alumnos de Secundaria e FP, deseñou para cada elemento unha ficha coa súa historia, propiedades, obtención e aplicación

Neste 2019, declarado Ano Internacional da Táboa Periódica por parte da Unesco, non deixan de xurdir en Galicia iniciativas curiosas arredor deste emblema da Química. Moi preto de Palas de Rei, onde a granxa A Cernada decidiu comezar a bautizar ás súas vacas cos nomes de elementos químicos, o IES de Melide acaba de publicar unha táboa interactiva en galego e desenvolvida polo propio alumnado.

Segundo explica un dos docentes, Xoan García, o departamento de Física e Química decidiu contribuír á efeméride elaborando a clasificación interactiva. Tal e como contan na páxina web do centro, “dividimos os elementos da táboa periódica entre o alumnado de 2º ESO, 4º ESO e FP Básica” e “cada un deles, mediante un formulario creado na páxina do instituto, subiu o seu traballo (cun guión acordado polo departamento) sobre o elemento que lle tocou”.

Publicidade

O resultado é unha táboa que se puido desenvolver grazas á plataforma Genially. Así “mediante unha conta compartida entre os membros do departamento procedeuse ao deseño da táboa e a revisión, edición e maquetación do contido enviado polo alumnado sobre cada elemento”, explican desde o centro.

Despois de catro meses de traballo, o resultado chegou “in extremis”, xusto no remate do curso, segundo subliñou Xoán García. A revisión e corrección do material, así como a súa publicación e edición interactiva, levou máis tempo do agardado, pero o resultado xa se pode consultar na web.

Así, a táboa interactiva conta cunha detallada descrición de cada un dos 118 compostos, que se pode ler ao picar enriba de cada un deles. As fichas recollen datos como o símbolo, a etimoloxía do nome, o ano de descubrimento, propiedades como o número e masa atómica, estado na natureza, densidade, punto de fusión ou ebulición; ademais da historia, modo de obtención e aplicación.

Aquí podes ver a táboa do IES de Melide:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:00

O amor, unha cuestión de química?

Substancias químicas como a dopamina espertan o desexo que podemos sentir por alguén, pero só uns vínculos profundos garanten unha relación duradeira

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación

O proxecto MEDRA fomenta a investigación en física de partículas entre o alumnado de bacharelato

O IGFAE acolleu a presentación dos traballos realizados por decenas de estudantes na súa primeira experiencia investigadora

Estas son as substancias químicas que nos engordan e si, están por todas partes

Certos compostos dos envases, cosméticos, deterxentes ou dos propios alimentos poden ter un papel no aumento do sobrepeso e da obesidade na poboación