As tres universidades galegas, entre as mil mellores do mundo

Por materias, destaca a actividade da USC en farmacia, agricultura, silvicultura, lingua, enxeñaría química, matemáticas ou física

QS World University Ranking 2020 mantén un ano máis á Universidade de Santiago de Compostela (USC) nun meritorio posto entre as 651 e 700 universidades do mundo, salientando a súa labor investigadora. Vigo e A Coruña entran tamén neste ránking, pero nunha situación máis baixa, situadas no rango de postos entre o 801 e o 1.000.

A de Santiago de Compostela atópase no intervalo 651-700. Na súa elaboración, esta clasificación presta especial atención á reputación académica das institucións seleccionadas (40% da nota final) a través da distribución dunha enquisa entre preto de 100.000 persoas da comunidade académica e investigadora arredor do mundo. Outros aspectos considerados na valoración final de cada universidade son o índice de citacións do persoal docente e investigador (20%); a ratio profesorado/alumnado (20%); a reputación entre os empregadores (10%), tamén en base a valoracións recollidas por medio dunha enquisa; e a proporción do profesorado e alumnado internacional (10%).

Publicidade

Áreas destacadas

Por áreas de coñecemento e segundo unha listaxe do pasado ano, QS destaca a USC pola súa actividade nos ámbitos de Farmacia e farmacoloxía e en Agricultura e silvicultura situándose no intervalo das 151-200 mellores universidades do mundo, así como en Linguas modernas, Enxeñaría Química e en Lingua e literatura inglesa, no intervalo 201-250.

Publicidade

A UVigo e a UDC tamén aparecen no Top 1000.

En estudos ambientais, Matemáticas, Física e Astronomía e en Lingüística, a Universidade compostelá atópase no intervalo das 251-300 mellores institucións universitarias, mentres que en Ciencias naturais ascende á posición 289 e en Química a 301-350. Pola actividade docente e investigadora en Medicina e en Ciencias Biolóxicas ocupa a posición 351-400 e pola de Artes e Humanidades a 391. Finalmente, en Ciencias da vida sitúase na posición 401-450 e por Economía e econometría na 451-500.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego demostra os efectos negativos do eucalipto nos ecosistemas fluviais

O estudo da UVigo constata que a diversidade de especies nos regatos diminúe naqueles lugares rodeados das árbores oriúndas de Australia

Ter un peso adecuado pode ser máis importante que facer exercicio para evitar o risco de cancro

Un estudo da UVigo apunta a que a actividade física sería insuficiente para contrarrestar os efectos negativos de ter sobrepeso ou obesidade

O investigador Jordi Borràs gaña o Premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento

O experto da Universitat Politècnica de Catalunya propón un esquema innovador para reducir as interferencias nas comunicacións sen fíos

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía