Venres 19 Abril 2024

Media Galicia, en aviso pola chegada do frío ártico

Despois de máis dunha semana de xeadas e mínimas xélidas debido ao fenómeno da inversión termica e á estabilidade do anticiclón, Galicia afronta nos vindeiros días novidades meteorolóxicas coa chegada dunha masa de aire ártico, procedente de Europa Central, que deixará pegada, sobre todo, no descenso das temperaturas máximas.

Con todo, Galicia verase menos afectada por este frío polar, xa que entrará polo Mediterráneo e os Pireneos. Aínda así, notarase sobre todo na parte oriental. A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou xa un aviso de nivel amarelo para o xoves (sur e noroeste de Ourense) e venres (engádense as zonas do Baixo Miño e o Sur de Lugo) e tamén se poderán ver afectadas as zonas do leste das provincias lucense e ourensá. O aviso débese a temperaturas mínimas que poderían caer nestas comarcas dos -4ºC, polo que é posible a formación de placas de xeo nas estradas.

Publicidade

Porén, o impacto será xeralizado en toda Galicia no descenso das temperaturas máximas, que apenas superarán os 10ºC, segundo adianta MeteoGalicia. O aire do nordés fará que a sensación térmica sexa máis baixa no norte das provincias da Coruña e Lugo.

Previsión de temperaturas mínimas e máximas para o venres en Galicia. Fonte: MeteoGalicia.
Previsión de temperaturas mínimas e máximas para o venres en Galicia. Fonte: MeteoGalicia.

O aire ártico

Os efectos da entrada do aire ártico xa se empezan a notar na Península, sobre todo no leste, desde este mércores. Esta situación leva xa varios días afectando ao centro de Europa, con nevadas e moito frío. Na súa chegada ao noreste peninsular comezará con máis humidade, pero deixará posteriormente un ambiente máis seco, segundo adianta a AEMET nunha nota informativa. Así, as mínimas caerán en gran parte destas zonas dos -5ºC e chegarán aos -10ºC nos sistemas montañosos. No interior da metade norte, agás na parte máis occidental, as máximas non subirán dos -5ºC, e o aire do norte arrefriará aínda máis a sensación térmica.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

Galicia vivirá unha primavera “máis cálida do normal”

Segundo a AEMET, as temperaturas invernais estiveron 1,8 graos por enriba da media habitual para esta época do ano

Descuberta a proteína responsable da sensación de frío

O estudo foi publicado na revista ‘Nature Neuroscience’ e pode axudar a comprender como perciben as temperaturas baixas os seres humanos