A lúa súmase esta madrugada á aliñación planetaria

O fenómeno que comezou a principios de mes complétase coa incorporación do satélite da Terra, que será visible no amencer do día 24 de xuño

Este venres 24 de xuño, coincidindo coa madrugada da popular noite de San Xoán, a Lúa incorpórase no ceo á sorprendente aliñación planetaria formada por Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno. O satélite da Terra situarase entre Venus e Marte, e será visible de madrugada, unha hora antes do amencer mirando cara ao oeste.

No mes de maio, os expertos xa prevían este fenómeno tan especial, que non acontecía dende 2014 e que tardará en volver suceder, polo menos, 18 anos máis. Coa chegada do mes de xuño, percibíronse os primeiros planetas, aliñados no ceo. Así, ao amencer e sen necesidade de telescopio, podíanse ver perfectamente Mercurio, Venus Marte, Xúpiter e Saturno. A eles uníronse tamén os planetas que requerían dunha ferramenta especializada para ser observados: Urano e Neptuno. Hoxe complétase o escenario planetario coa presenza da Lúa na aliñación que durará ata que finalice o mes.

Publicidade

José Ángel Docobo, director do observatorio astronómico Ramón María Aller Ulloa, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), comentaba para un artigo de GCiencia que este feito é algo moi curioso. “Por orde, primeiro estará Mercurio, logo Venus, Marte, Xúpiter e por último Saturno. Ademais os outros dous planetas, que únicamente poderán ser vistos cun telescopio, posicionaranse entre os xa mencionados: Urano no medio de Venus e Marte e Neptuno entre Xúpiter e Santurno”.

Os fenómenos astronómicos do verán

Na semana do solsticio de verán, o Real Observatorio Astronómico de Madrid indicou na súa conta de Twitter que ademais de este fenómeno planetario, tras a posta do Sol pódese apreciar ao horizonte o chamado “triángulo do verán”, composto polas estrelas Vega, Deneb e Altair.

Publicidade

Pola súa parte, Docobo alega que durante os vindeiros meses de verán, en Galicia, non contaremos con eclipses observables e que o feito que máis destacará esta temporada será a curiosa aliñación planetaria deste mes de xuño. Por outro lado, explica o astrónomo, as perseidas terán problemas para ser vistas desde a Terra este ano, xa que coincidirá coa fase de Lúa chea, cuxa iluminación entorpecerá a observación da chuvia de estrelas.

Ademais, o Instituto Xeográfico Nacional publicou nun fío de Twitter as 10 curiosidades deste verán 2022. Entre elas destacan que próximo 4 de xullo será o día de máximo afastamento anual (afelio) entre a Terra e o Sol.

https://twitter.com/IGNSpain/status/1539212737661771776

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais