O James Webb revela que ata cinco estrelas deron forma á nebulosa do Anel Sur

A misteriosa configuración de NGC 3132 é froito do gas e po expulsado por unha estrela moribunda, segundo un artigo de 'Nature Astronomy'

As nebulosas planetarias constitúen unha das etapas finais na vida de estrelas similares ao Sol que, tras esgotar o seu combustible, despréndense das súas capas externas. Forman unha envoltura fluorescente ao redor dunha estrela anana branca (o núcleo da estrela tras a expulsión das súas capas exteriores) e poden adoptar multitude de formas.

Agora, o telescopio espacial James Webb (JWST, da NASA, a ESA e a axencia espacial canadense) revelou que entre catro e cinco estrelas participaron na formación da nebulosa NGC 3132 ou do Anel Sur. O estudo é portada da revista Nature Astronomy.

Publicidade

“Co JWST, é coma se nos desen un microscopio para examinar o universo, as súas imaxes son moi detalladas”, afirma Orsola De Marco, investigadora da Universidade de Macquarie en Sidney (Australia) que liderou o estudo, “e abordamos a nosa análise de forma moi parecida a como os forenses reconstrúen unha escena”.

Como crearon ata cinco estrelas a nebulosa do Anel Sur? O primeiro recadro mostra un campo máis amplo coas estrelas 1, 2 e 5, a última das cales orbita ao redor da estrela 1 moito máis estreitamente que a estrela 2. O segundo, amplía a escena e aparecen outras dúas estrelas (3 e 4); a estrela 3 emite chorros. O terceiro recadro mostra a expansión da estrela 1 a medida que envellece. Tanto a estrela 3 como a 4 emiten unha serie de chorros. No cuarto panel ampliamos a imaxe para ver como a luz e os ventos estelares están esculpindo unha cavidade en forma de burbulla. A estrela 1 está rodeada por un disco de po. No quinto panel, a estrela 5 interactúa co gas e o po expulsados, xerando o sistema de grandes aneis que se ve na nebulosa exterior. O sexto panel mostra a escena tal e como a observamos hoxe día. / NASA, ESA, CSA, E. Wheatley (STScI)

Ao combinar imaxes da estrela moribunda captadas polo Webb con datos do observatorio Gaia (da ESA), comprobouse que esta estrela central, que agora presenta unha masa aproximada do 60% con respecto á solar, tiña case tres veces a do Sol antes de expulsar as súas capas externas.

Publicidade

Posteriormente, o equipo centrouse en determinar que podería explicar as formas das coloridas nubes de gas e po, retrocedendo miles de anos no tempo. Mentres que algunhas estrelas expulsan as súas capas en solitario, os resultados suxiren que había algunhas compañeiras que poderían unirse á central antes de que esta empezase a crear a nebulosa do Anel do Sur.

O estudo propón que, antes de que a estrela moribunda central se desprendese das súas capas, interactuou cunha ou dúas compañeiras

“Esta estrela é agora máis pequena e quente, pero está rodeada de po frío”, explica Verónica Gómez Llanos, investigadora do IAC e membro do equipo: “Cremos que todo ese gas e po que vemos esparexido por todas partes debe proceder desa única estrela, pero foi lanzado en direccións moi concretas polas estrelas compañeiras”, sinala.

O estudo propón que, antes de que a estrela moribunda se desprendese das súas capas, interactuou con unha ou mesmo dúas estrelas compañeiras máis pequenas. Durante este “baile”, estas poderían lanzar chorros en direccións opostas, que máis tarde se plasmaron como as proxeccións aproximadamente emparelladas que agora se observan nos bordos da nebulosa.

“Isto é moito máis hipotético, pero se dúas compañeiras estivesen a interactuar coa estrela moribunda, lanzarían chorros bidireccionais que poderían explicar estas protuberancias opostas. O manto poeirento que rodea á estrela moribunda apunta a estas interaccións”, comenta De Marco.

Estrelas hoxe invisibles

Pero onde están agora esas estrelas compañeiras? “Ou ben son tan débiles que as ocultan as dúas brillantes estrelas centrais, ou ben se fusionaron coa moribunda”, apunta o coautor Martín A. Guerrero, investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC) que participa no traballo.

As complexas formas da nebulosa do Anel Sur constitúen un indicio da presenza de compañeiras invisibles, xa que as súas execcións son finas nalgunhas zonas e grosas noutras.

Unha terceira estrela podería ter desviado os chorros, virando as súas direccións iniciais

Unha terceira estrela en estreita interacción podería ter desviado os chorros, virando as súas direccións iniciais. Despois, unha cuarta cunha órbita lixeiramente máis ampla podería revolver máis aínda estas execcións, xerando o enorme conxunto de aneis nos extremos exteriores da nebulosa.

Finalmente, unha quinta estrela, que se observa brillante e azulada nas imaxes do JWST, orbita a estrela moribunda lenta, predicible e tranquilamente.

Participación de institucións españolas

Ademais do IAA-CSIC e o IAC, desde España tamén participaron este estudo o Centro de Astrobioloxía (INTA-CSIC), Gran Telescopio Canarias, a Universidade de La Laguna, o Instituto de Física Fundamental (IFF – CSIC) e o Observatorio Astronómico Nacional (OAN/IGN).


Referencia: The messy death of a multiple star system and the resulting planetary nebula as observed by JWST (Publicado en Nature Astronomy)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite