Chuvia de estrelas: chegan as Líridas

A irradiación de meteoros, producidos polos refugallos do cometa Thatcher (C/1861 G1) no seu paso en 1861, repítese cada ano na segunda quincena de abril

Como cada ano entre o 16 e o 25 de abril chega ao noso hemisferio unha das mellores chuvias de meteoros do ano: as Líridas. Esta noite o evento está no seu apoxeo. Porén, Meteogalicia e AEMET confirman unha fronte que fará complicado observar o ceo como gustaría aos seareiros das estrelas.

Segundo o Real Observatorio Astronómico de Madrid, este non é un bo ano para observar as Líridas debido a que fase de cuarto minguante da Lúa producirase no momento de maior actividade do desfile de corpos estelares. Aínda que na súa conta de Twitter seguen a ser positivos coas posibilidades.

Publicidade

Esquema do Real Observatorio de Madrid sobre as Líridas
Esquema do Real Observatorio de Madrid sobre as Líridas

As Líridas son fragmentos do cometa C/1861 G1 (Thatcher), un corpo celeste de longo período que orbita ao redor do Sol unha vez cada 415 anos. As choivas de meteoros reciben os seus nomes da constelación da que semella que emanan. As Líridas chámanse así porque o seu radiante (o punto do que parecen proceder) atópase na constelación da Lira, que poderemos identificar porque contén á estrela Vega, unha das máis brillantes do ceo nocturno e que se leva observando os últimos 2.600 anos.

Estes corpos, segundo o Real Observatorio, teñen unha taxa media de actividade de 20 meteoros por hora, e unha velocidade de 49 quilómetros por segundo durante varios días. A pesar de ser unha choiva de meteoros discreta, algúns anos a taxa de actividade increméntase a máis de 100 meteoros por hora. Así pois, pode ser difícil predicir en que ano se producirán estes “estalidos”.

Publicidade

Esta noite, se ves a posibilidade de poder ir a un sitio sen contaminación lumínica, despexado de nubes ou precipitacións e alto, quizais teñas a posibilidade de ver esta bonita danza das estrelas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para observar dende Galicia a choiva de estrelas das Eta Acuáridas

O fenómeno acadará o seu punto álxido o 5 de maio, pero a luminosidade do satélite terrestre e as condicións meteorolóxicas poden dificultar a súa contemplación

Volven as Líridas, unha das chuvias de estrelas máis antigas rexistradas

As previsións de ceos cubertos e choivas dificultarán a observación deste fenómeno.

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar