Dende conxuncións planetarias ata un equinoccio: estas son as citas astronómicas de setembro

O día 23 terá lugar o cambio de estación polo que o hemisferio norte entrará no outono e o sur na primavera

A eclipse do pasado 12 de agosto reclamou a atención mediática pola singularidade do vento, pero aos amates da observación astral aínda lles quedan varias citas co ceo por diante antes de rematar o ano. O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) vén de compartir o calendario astronómico para o mes de setembro na súa conta de X (antes Twitter).

Durante o mes de setembro terá lugar o cambio de estación, que, como explica o Real Observatorio do IGN, pasará a ser o outono no hemisferio norte e a primavera no sur. A transición será o día 23 ás 02:05 horas, mais, antes desa xornada, abondarán as razóns para alzar a vista cara ao ceo nocturno.

Publicidade

Unha conxunción planetaria

O venres 4 pola noite, a Lúa entrará no seu cuarto minguante. É, como explican dende eltiempo, un punto de inflexión dentro do ciclo lunar no que o astro comeza a retraerse despois de lucir cheo. A súa forma estréitase e, mentres que a parte esquerda do disco lunar aínda recibe luz do Sol, o corpo celeste comeza a ocultarse no seu camiño cara á próxima lúa nova.

A semana concluirá cunha conxunción astral que se manterá nos amenceres dos días 6 a 9. Xúpiter e Marte irán aliñándose progresivamente co satélite terrestre. Este evento, como apunta o IGN, poderá observarse a simple vista, sempre que se estea nun lugar escuro.

Publicidade

A evolución da Lúa cara Venus

O venres 11, o satélite terrestre desaparecerá do firmamento ao entrar na fase de lúa nova. A escuridade consecuente será especialmente axeitada para observar as estrelas sen as inteferencias luminosas do corpo celeste. Uns días despois, entre o 13 e o 14 no solpor, poderá verse unha conxunción da Lúa con Venus.

O día 18, o satélite da Terra entrará en cuarto crecente: a metade dereita do seu disco aparecerá iluminada, formando unha ‘D’ antes de retoma o seu camiño cara á fase de lúa chea.

O cambio de estación

O mércores 23 terá lugar un dos dous equioccios que se producen cada ano: trátase do instante no que o Sol está situado sobre a liña do ecuador. Nese momento, o día e a noite teñen unha duración similar ao longo do globo e, ademais, marca o inicio do outono no hemisferio norte. A partir deste punto, as noites comezarán a gañarlle terreo ao día ata o solsticio de inverno.

Tres días despois, o 26, a Lúa acadará a súa plenitude. O amencer do día 27 poderá observarse a conxunción do satélite con Saturno, o que porá fin ás citas astronómicas do mes de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Chega o verán a Galicia: a ciencia detrás do día máis longo do ano

A estación máis cálida prolongarase ata as 8.50 horas do 23 de setembro e durará 93,66 días, que a converten na máis duradeira das catro

A primavera comeza este luns 20 ás 22.24 horas

As eclipses previstas para esta estación non van ser visibles dende Galicia, mais en xuño poderase ver a Mercurio a simple vista

Este mércores chega o Equilux, o pórtico da primavera

O intre no que se igualan día e noite non coincide co equinoccio que marcará o vindeiro sábado o comezo da nova estación

O outono comeza este martes 22 de setembro ás 15.51 horas

Entre os fenómenos astronómicos máis salientables destaca a choiva de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano co seu máximo o 14 de decembro