Detectada a forte explosión dunha estrela ‘vampiro’

Investigadores españois conseguen detectar raios gamma de moi alta enerxía procedentes de novas, fenómenos estelares explosivos recorrentes na Vía Láctea

A primeira explosión da estrela nova RS Ophiuchi aconteceu o 8 de agosto de 2021. Dende ese momento, investigadores do CSIC activaron un amplo dispositivo de seguemento da erupción. O 9 de agosto comezaron as observacións da nova mediante o sistema de telescopios cherenkov da colaboración MAGIC, ubicados no Observatorio del Roque de los Muchachos (La Palma).

“A erupción de RS Ophiuchi é un evento moi raro no ceo en raios gamma: é a nova máis luminosa e co fluxo máis alto detectada en raios gamma ata a data, e observámola xusto a tempo”, comenta Rubén López-Coto, investigador do CSIC no Instituto de Astrofísica de Andalucía e un dos líderes do estudio publicado en Nature Astronomy. Tanto as observacións na Palma, a rapidez coa que reaccionaron os investigadores e a colaboración MAGIC, como a alta sensibilidade dos seus telescopios, foron de gran axuda na detección da nova a cen mil millóns de veces maiores que a luz visible.

Publicidade

As novas son fenómenos estelares explosivos que se producen en sistemas binarios de estrelas nos que unha das compoñentes é unha anana branca (o denso núcleo dunha estrela de tipo solar que se expulsou da súa atmosfera). Esta anana branca ‘vampiriza’ o material da súa estrela compañeira, que se acumula e forma unha capa de hidróxeno superficial.

Ao alcanzar certa masa crítica, desencadéase unha explosión que fai aumentar en miles de veces o seu brillo e expulsa as capas externas a velocidades de miles de kilómetros por segundo. Cando pasa un tempo, o sistema estabilízase e o proceso de acumulación de materia sobre esta anana branca retómase. Este proceso aconteceu na nova recurrente RS Ophiuchi, cuxa última explosión mostra unha inédita emisión en raios gamma moi enerxéticos.

Publicidade

“Este traballo identificou as novas coma unha nova liña de investigación en astronomía de raios gamma de moi alta enerxía”, afirma Alicia López-Oramas, investigadora do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC-CSIC).

Novas, aceleradores cósmicos de protóns

O grupo de investigación comprobou que a explosión foi tan enerxética que puido producir fortes ondas de choque no medio que rodeaba o sistema estelar, encargadas de acelerar as partículas subatómicas do medio interestelar ata velocidades cercanas ás da luz.

No caso específico da nova RS Ophiuchi 2021, as observacións de MAGIC e doutros telescopios revelaron que os raios gamma de moi alta enerxía son producidos por protóns, partículas cargadas positivamente que consitúen os núcleos de átomos de hidróxeno. A pesar de que as erupcións de novas son menos enerxéticas que as das supernovas, nas que a estrela morre na explosión, tamén son máis frecuentes. Os resultados do grupo da colaboración MAGIC e os seus compañeiros, indicaron que a maioría dos raios cósmicos que permean na Vía Láctea, xéranse noutras forntes, as novas poden ser aceleradores de protóns moi eficientes.

Oscar Blanch, investigador do Institut de Física d’Altes Energies (IFAE) sostén que MAGIC seguiu durante anos explosións de novas sen éxito algún, e que foi moi gratificante lograr abrir novas portas que traen un coñecemento máis profundo do universo. “É froito do traballo de moitas persoas”, engade.

Son moitos os membros da comunidade española que participan en MAGIC dende os seus inicios, entre eles: o Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Institut de Física d’Altes Energies (IFAE), a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), o Instituto de Ciencias de Cosmos da Universidade de Barcelona (ICCUB), entre outros.


Referencia: Gamma rays reveal proton acceleration in thermonuclear novae explosions (Publicado en Nature Astronomy)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados

Galicia vivirá unha xornada astronómica única: o máximo das Perseidas chega tras a eclipse total de Sol

As condicións serán favorables para contemplar ata 200 meteoros por hora durante a noite do 12 ao 13 de agosto, con nubosidade prevista no norte da comunidade

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade