Os incendios forestais en España están a converterse en episodios moi perigosos. Nos últimos anos aumentou o número de grandes incendios forestais. Estes caracterízanse por calcinar superficies moi grandes (máis de 500 hectáreas) en días ou mesmo horas. A situación é moi preocupante porque os danos ecolóxicos e económicos que ocasionan son moi graves (mesmo mortes).
Neste contexto, é importante levar a cabo políticas de loita contra incendios efectivas. Nesta liña, realizamos un estudo (antes da pandemia da covid-19) para coñecer se os fogares españois estarían dispostos a apoiar programas de prevención. O traballo tamén tiña como obxectivo estudar as percepcións de risco da cidadanía española ante este tipo de fenómenos.
Os resultados mostraron que antes da covid-19 existía unha disposición a pagar por programas de prevención. Con todo, as zonas con alto risco de sufrir incendios non mostraban unha maior disposición que as áreas cun baixo risco. Este feito podería ser explicado co que se coñece como “o paradoxo do risco”.
Os incendios forestais nos últimos anos
Nos últimos anos os incendios forestais volvéronse máis predominantes no sur de Europa, sendo España un dos cinco países que rexistra maiores danos. O cambio climático é unha das grandes causas. As condicións meteorolóxicas extremas provocan incendios máis perigosos, de maior magnitude e severidade. Por tanto, as tarefas de extinción son cada vez máis complicadas.
No mes de xullo de 2021 asistimos a varios incendios deste tipo. En Tarragona, un incendio na zona de Santa Coloma de Queralt superou as 1.400 hectáreas queimadas, provocando desaloxos e confinamentos da poboación.
Un claro exemplo do perigo destes incendios no noso país, atopámolo no ano 2017. Producíronse 56 episodios que arrasaron con máis de 98.000 hectáreas. Isto supuxo case un 55% da superficie forestal total afectada en 2017.
É importante ter en conta que en España existen diferenzas entre rexións. A zona noroeste é a máis frecuentemente afectada. Segundo datos do ano 2017, máis do 73% dos grandes incendios forestais concentráronse nesta área.
A difícil situación á que se enfronta o noso territorio todos os anos pon en evidencia a necesidade de implementar políticas de loita contra incendios efectivas.
Un programa de prevención contra grandes incendios forestais
O estudo realizado tiña como obxectivo coñecer as preferencias dos fogares españois cara a un programa de prevención de incendios. Para iso, levou a cabo unha enquisa en liña a unha mostra de ao redor de 500 fogares españois (antes da covid-19). A enquisa incluíu preguntas de carácter diverso. Tratábase de coñecer o risco percibido de sufrir incendios ou as súas opinións sobre do cambio climático, entre outras.
Os fogares enquisados tiñan a opción de mostrar as súas preferencias por un programa de prevención. Este programa estaba composto por diversas accións: a limpeza e xestión forestal para evitar este tipo de episodios, un programa de concienciación e a reforestación.
En concreto, tratábase de reducir a porcentaxe de grandes incendios, aplicar un programa de concienciación ambiental e incrementar o número de hectáreas plantadas con especies máis resistentes aos incendios. Para poder financiar estas accións, incluíuse un pago único vía impostos para os fogares e empresas españolas.
Á mostra de fogares enquisada presentábaselles o programa en forma de menú. É dicir, os participantes podían elixir entre varias alternativas. As opcións compoñíanse das accións do programa que variaban en termos de posibles efectos e o seu custo. A opción de quedar coa situación actual, é dicir, non facer nada, tamén existía.

A disposición para pagar dos fogares españois
Os resultados obtidos mostráronnos como a cidadanía valoraba as accións do programa. Os fogares valoraron positivamente a redución de grandes incendios forestais, o programa de concienciación e a plantación de especies máis resistentes. Con todo, e como era de esperar, o imposto foi valorado negativamente.
En concreto, calculouse que os fogares españois estarían dispostos a pagar 11,68 euros por un programa de concienciación. Esta disposición para pagar ascendía a 30,58 euros se se trataba de reducir nun 30% do número de grandes incendios forestais. Finalmente, a disposición para pagar pola plantación de 3.000 hectáreas de especies máis resistentes aos incendios ascendía a 34,58 euros por fogar.
O paradoxo do risco
A cidadanía enquisada que vivía en zonas onde hai unha maior percepción do risco de sufrir incendios valoraron negativamente a opción de quedar na situación actual (aínda que só lixeiramente), é dicir, non participar no programa de prevención proposto.
Os resultados tamén puxeron de manifesto que os fogares que vivían en zonas de alto risco non tiñan unha maior disposición a pagar que os que vivían en zonas de menor risco. Por que? Este feito podería estar explicado polo paradoxo do risco.
Antes de explicar esta idea, é importante ter en conta o contexto no que nos atopamos. En España, ao redor do 83% dos incendios forestais son causados polo ser humano (intencionada ou inintencionadamente). Ademais, a gravidade e a frecuencia destes incendios forestais está a aumentar debido ao cambio climático.
Todo iso, xunto coas condicións incontrolables, pode crear un sentimento de desánimo entre a cidadanía á hora de pensar en políticas de prevención. Isto pode ser especialmente grave en zonas cun maior número de incendios forestais intencionados, como a rexión de Galicia. Esta alta intencionalidade pode impedir á cidadanía dar unha resposta máis activa en termos de prevención e apoio ás políticas proactivas.
Que pode facerse de fronte ao futuro?
Os responsables políticos deberían recoñecer a vulnerabilidade dos bosques e aumentar os niveis de preparación e resposta aos incendios. Isto podería supoñer un importante aforro, especialmente en termos dos custos que se evitarían.
Unha maior énfase nos programas de prevención que fomenten un enfoque máis activo cara á participación, o coñecemento e a responsabilidade dos cidadáns nas estratexias de xestión de incendios pode ser tamén necesario.
*María Alló Pazos é profesora axudante doutora na área de Fundamentos e Análises Económicas do Departamento de Economía da Universidade da Coruña. María Loureiro é catedrática de Economía da Universidade de Santiago de Compostela.
Cláusula de divulgación: María Loureiro recibe fondos da Agencia Nacional de Investigación (varios anos) e Horizon Europe (varios anos).
María Alló Pazos non recibe salario, nin exerce labores de consultoría, nin posúe accións, nin recibe financiamento de ningunha compañía ou organización que poida obter beneficio deste artigo, e declarou carecer de vínculos relevantes máis alá do cargo académico citado.
En 2006 el bipartito se equivocó gravemente al presentarse en julio sin haber completado el cambio en el sistema contraincendios para dotarlo de un operativo mas profesional y al retrasar la contratación de las brigadas municipales ante el boicot organizado desde los ayuntamientos del PP. En 2016 el gobierno Feijóo se ha equivocado gravemente al retrasar la puesta en marcha de su dispositivo antiincendios hasta mediados de julio y congelar la firma de los convenios con los ayuntamientos para ahorrarse unos cientos miles de euros y seguir presumiendo de control del gasto.