Como observar en Galicia o cometa verde que verás unha vez na vida

Recoméndase a súa contemplación dende zonas escuras libres de contaminación lumínica e con prismáticos

Primeiras imaxes do "Cometa Verde". Eliot Herman.

Un dos fenómenos astronómicos máis agardados dos últimos anos xa está aquí. O cometa verde que viron por última vez os neandertais atópase no seu punto máis próximo á Terra, aproximadamente a uns 42 millóns de distancia. Este corpo celeste foi descuberto en marzo de 2022 e unha das súas curiosidades é que pasou polo noso planeta hai 50.000 anos. Os expertos descoñecen a onde viaxará despois de visitarnos aínda que o consenso está en que se somerxirá nas profundidades do espazo exterior e non volveremos a velo máis, o que fai este acontecemento aínda máis especial.

O Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago (USC) informou que o mellor momento para velo será no comezo da noite do 1 de febreiro, xa que o cometa se atopará na constelación da Xirafa (Camelopardalis) e son as horas da súa culminación. Para localizar o cometa hai que apuntar ao noroeste, aplicacións móbiles como Stellarium permiten identificar de maneira rápida a súa ubicación no ceo. Aínda que pode verse sen aparellos, para observalo con precisión recoméndase o uso de prismáticos. Os ollos deberán estar acostumados entre 20 e 30 minutos á escuridade nun espazo libre de contaminación lumínica. Os ceos despexados en Galicia facilitarán a súa contemplación. O brillo do cometa será tan forte como a estrela máis tenue no ceo nocturno e a súa cola brillante e difusa pode ser tan grande como unha lúa chea.

Foron os astrónomos de Zwicky Transient Facility do Observatorio Palomar en San Diego (EEUU) que operan o telescopio Samuel-Oschin os que detectaron o pasado marzo un cometa de longo percorrido cerca de Xúpiter. Denomináronno C/2022 E3 (ZTF). A partir de aí iniciaron unha análise íntegra da súa órbita e descubriron que a mesma afastouno do sistema solar durante aproximadamente 50.000 anos. A comunidade de astrónomos coincide en que o máis probable é que o cometa verde non volva aparecer nunca máis. Segundo explican dende o portal de noticias LiveSciencie, o corpo estase movendo nunha órbita parabólica, polo que non está vinculado ao noso sistema solar. A gravidade dalgún obxecto descoñecido pode alterar lixeiramente a súa orbita devolvéndoo ao sistema solar, pero é posíbel que pasen millóns de años ata que isto volva suceder.

Fontes do Instituto de Ciencias do Espazo do CSIC e o Instituto de Estudos Espaciais de Catalunya (IEEC) afirman que nas últimas noites o cometa incrementou a súa luminosidade. A cor verdosa débese á presenza de moléculas de carbono diatómico e dende hai uns días os astrónomos e os máis aficionados comezaron a fotografar o corpo celeste. As imaxes inundan as redes sociais e a expectación é máxima. Para aqueles que non poidan observalo o Proxecto Telescopio Virtual (The Virtual Telescope Proyect) ofrece unha retransmisión gratuíta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.