O cohete ‘Starship’ de Elon Musk estoupa pouco despois do seu lanzamento

A nave desintegrouse pouco despois do seu despegue pero a compañía Space X considérao un éxito

O cohete Starship, da compañía Space X, estoupou tan só uns minutos despois do seu despegue. Esta é a nave coa que Elon Musk pretende impulsar as viaxes espaciais á Lúa e Marte. O seu lanzamento produciuse ás 15.30 da tarde, hora peninsular, dende a base da empresa en Texas, Estados Unidos. Pese a que o cohete se desintegrou pouco despois do despegue, a compañía de Musk considérao un éxito. “Cunha proba coma esta, o éxito mídese polo moito que podemos aprender”, escribiron na canle de Twitter de Space X. O propio Musk, a través da súa conta na rede social, felicitou ao seu equipo polo “emocionante lanzamento de proba”. E reiterou o moito que aprenderon de cara a un seguinte despegue, que se realizará nos próximos meses.

O lanzamento estaba previsto para o luns, pero o fallo nunha válvula de despegue obrigou a aprazar a data. Este xoves tamén se fixeron probas momentos antes do despegue de Starship, detendo a conta atrás a 40 segundos do acendido, segundo informan en El País. A nave voou finalmente polos aires no que a compañía definiu como “desintegración non programada”. Aínda así, Space X considerou a proba un éxito. De feito, o administrador da NASA, Bill Nelson, tamén feliciou á empresa a través da súa canle de Twitter. “Todos os grandes logros da historia esixiron un certo nivel de risco calculado, porque un gran risco deriva nunha gran recompensa”, escribiu.

Publicidade

Starship, de feito, xoga un papel fundamental na nova carreira cara á Lúa que está impulsando a NASA, que ten previsto enviar catro novos astronautas en 2025. A nave de Musk sería, en teoría, a encargada de realizar o traxecto espcial pero hai posibilidades que, tras o fallo de hoxe, a data prevista se poida retrasar. Tanto Musk como Nelson fixeron referencia na súa canle de Twitter aos próximos intentos de voo de Starship. “Esperamos con impaciencia todo lo que aprenda Space X, ata a próxima proba de voo… E máis alá”, di o administrador da NASA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

A Consellería de Sanidade rexistra un aumento na incidencia da gripe e a covid: hai máis consultas

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente, en comparación coa semana anterior

BioSpain pecha con máis de 1.900 asistentes e anuncia Barcelona como sede en 2027

A décimo terceira edición reuniu representantes de preto de 900 entidades de 32 países ao longo de tres días de congreso en Bilbao

Anne L’Huillier, Nobel de Física de 2023: “Hai nesgos en prol dos homes, pero iso está cambiando”

A investigadora visita por primeira vez Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia