Haberá que esperar ata o 2026 para ver a única eclipse solar total do século e a primeira desde 1912. Esta non será a única que se poderá ver desde aquí dentro da tempada de eclipses que atravesa o territorio español. Anotade as datas na axenda. En Galicia haberá eclipses parciais o 29 de marzo de 2025 e o 26 de xaneiro do 2028 —verase como un eclipse anelar no resto do Estado—, segundo a información proporcionada por José Ángel Docobo, o responsable do Observatorio Astronómico Ramón Aller (OARMA).
Unha eclipse solar total prodúcese cando a Lúa se coloca entre a Terra e o Sol está á distancia do planeta necesaria para bloquear a totalidade da estrela. Experimentarano as persoas situadas no centro da sombra da Lúa cando se posicione sobre a Terra. Se a Lúa está no seu punto máis afastado da Terra, ou se aproxima a el, o que se produce é unha eclipse anelar, na que o satélite parece máis pequeno que o Sol e non o tapa completamente.
Unha eclipse solar parcial ocorre cando a Lúa se atopa no medio, pero os tres astros non están perfectamente aliñados. Só unha parte da grande estrela parecerá estar cuberta, creando unha forma de media Lúa. Durante unha eclipse total ou anelar, a poboación fóra da área correspondente á sombra da Lúa ve unha eclipse parcial.
O de 2026 será a primeira eclipse total que se poderá ver nestas latitudes desde 1912, cando se produciu unha eclipse total e instantánea, que se puido ver especialmente desde O Barco de Valdeorras. Galicia quedará dividida por unha diagonal desde A Coruña ata Ourense, de xeito que a parte norte máis leste —a costa que abrengue A Coruña, Ferrol, Viveiro ou Ribadeo— quedará exposta á eclipse total, e a parte oeste sur veráo de forma parcial. En Santiago de Compostela, por exemplo, verase como unha eclipse parcial “por moi pouco”, asegura José Ángel Docobo, o responsable do Observatorio Astronómico Ramón Aller (OARMA).
No que queda de século, en España só se poderán ver dúas eclipses totais máis: unha en 2027 e outra en 2053. Pero ningunha poderá observarse desde Galicia; ambos serán á vista da Coruña, Lugo, Pontevedra ou Ourense unha eclipse parcial. De feito, o de 2053 só terán a sorte de presencialo na provincia de Cádiz.
Cando haberá eclipse parcial?
O director do OARMA destaca as eclipses parciais do 29 de marzo de 2025 e do 26 de xaneiro de 2028, que para a parte sur do territorio español será anelar. Pero, segundo a información do calendario de tutiempo.es, haberá outras catro máis. Unha eclipse solar total sumirá a México, Estados Unidos e Canadá nunha total escuridade o ano que vén, o 8 de abril de 2024. Porén, en España só poderá verse como un parcial desde as provincias galegas e as Illas Canarias, é dicir, as zonas máis orientadas cara ao oeste de España. “Comezará cando o Sol está no solpor en Santiago, polo tanto, na práctica, non se vai ver”, asegura Docobo. Producirase tamén unha eclipse parcial o 6 de febreiro e o 2 de agosto do 2027 —a segunda, total para o sur da península— e o 1 de xuño do 2030.















Hol podrían hacer un artículo de pasos o protocolo detallado del cálculo de un eclipse para que los jóvenes del bachillerato se apasionen o de otros campos de la facultad de ciencias la astronomía clásica observacional