As Perseidas xa están aquí. Cada ano, dende o 17 de xullo ata o 24 de agosto, esta chuvia de meteoros coñecida como Lágrimas de San Lorenzo está activa, e a probabilidade de vela vaise incrementando ata chegar ao seu punto álxido a final de mes. Este ano, as mellores noites para poder desfrutar das Perseidas son as comprendidas entre o 11 e o 14 de agosto. O mellor día para velas será na madrugada do domingo 13 de agosto. A partir de aquí, a súa intensidade irá diminuíndo.
Todos os anos, a Terra cruza os restos do cometa Swift-Tuttle, o que provoca que multitude de partículas choquen contra a atmosfera e desprendan unha estela de duz debido ao rozamento. A actividade das Perseidas -denominadas así porque parecen irradiar da constelación de Perseo- aumenta a medida que o planeta se vai internando nesta nube de meteoroides. En definitiva, trátase dun dos fenómetros astronómicos máis espectaculares do ano: pode chegar a observarse ata 200 meteoros por hora cruzando o ceo.
Os meteoroides desprendidos por Swift-Tuttle son tan pequenos como un gran de area, e cando impactan contra a atmosfera da Terra o fan a unha velocidade de máis de 210.000 quilómetros por hora, o que equivale a percorrer Galicia de norte a sur en menos de catro segundos. Este choque produce un aumento de temperatura destes fragmentos de ata 5.000 graos nunha fracción de segundo, que se desintegran emitindo ese fulgor de luz denominado estrela fugaz.
Entre a noite do 12 e 13 de agosto poderán observarse entre 80 e 200 estelas de luz por hora. As estrelas fugaces poden verse todos os días que dura o fenómeno, que adoita aparecer arredor da festividade de San Lorenzo (10 de agosto), de aí o seu nome.
Recoméndase adoptar unha posición tombada ou semitombada
Para poder velas non é preciso utilizar telescopios. Bastará por alonxarse da contaminación luminosa e achegarse a un punto máis escuro. Recoméndase adoptar unha posición tombada ou semitombada para poder observar os meteoros por calquera lugar da esfera celeste. Para aquelas persoas que queiran vivir este fenómeno en todo o seu esplendor é aconsellable acudir a un observatorio astronómico ou a algunha observación guiada.
O catedrático e director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, dirixirá unha sesión astronómica dende o Alto de Rodelas, a zona cero do Destino Starlight de Lalín. Para participar é necesario apuntarse. En Forcarei, a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3) organiza unha sesión o sábado a partir das 23.00 horas na contorna do Observatorio Astronómico das Casetas. Para participar non se necesita inscripción e é unha actividade gratuíta.
Tamén, do venres 11 ao xoves 17 de agosto o planetario da Casa das Ciencias explica como observar as Perseidas nunha sesión en directo ás 18.00 horas.















Arredor de 50 Km/s é a velocidade.
Km/s?
La velocidad de las perseidas. 210 quilómetros por hora, y así cruzaría Galicia en 4 minutos ??????? No me cuadra, no serán más rápidas?
Pon 4 segundos