Unha supernova a través do po galáctico

Créditos da imaxe: NASA, ESA mailo Hubble Heritage (STScI/AURA); Imaxe inserida: Howard Hedlund e Dave Jurasevich, Las Campanas Obs.
Créditos da imaxe: NASA, ESA mailo Hubble Heritage (STScI/AURA);
Imaxe inserida: Howard Hedlund e Dave Jurasevich, Las Campanas Obs.

Explicación: os telescopios de todo o mundo están a rastrexar unha supernova brillante que aconteceu nunha poeirenta galaxia achegada. A potente explosión estelar detectouse por primeira vez a comezos deste mes. A galaxia achegada é a fotoxénica Centaurus A, que pode ollarse con prismáticos e coñécese polos impresionantes filamentos de po absorbente da luz que atravesan o seu centro. Cen A amósase aquí nunha imaxe de arquivo do Telescopio Espacial Hubble en alta resolución, cunha imaxe inserida que amosa a supernova tomada desde o chan só dous días tralo descubrimento. A supernova, denominada SN2016adj, saliéntase cunhas marcas no recadro, aparecendo xusto á esquerda duna brillantes estrela en primeiro plano da nosa galaxia Vía Láctea. Actualmente, pénsase que esta supernova é do Tipo IIb, unha supernova desencadeada polo colapso do núcleo estelar, e é do maior interese porque ocorreu tan preto e porque está a observarse ao través dun filamento de po. As observacións actuais e futuras desta supernova poden darnos novas pistas sobre o destino das estrelas masivas e como se formaron algúns elementos atopados na nosa Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo