Venres 19 Abril 2024

Por que o sorriso e o enfado son contaxiosos?

Un sorriso pode xerar nos demais as ganas de sorrir e o mesmo acontece cun ceño engurrado. O instinto de imitación facial permite aos humanos empatizar. Dúas psicólogas sociais estadounidenses investigaron como se procesa esta acción no cerebro. Segundo elas, comprendelo podería mellorar o tratamento de trastornos relacionados co recoñecemento de emocións, como os do espectro autista.

Como é capaz unha persoa de recoñecer o que sente outra só con observar a súa expresión facial? Esta é a pregunta que se prantexaron Adrienne Wood e Paula Niedenthal, psicólogas sociais na Universidade de Wisconsin.

Publicidade

Para entender como o cerebro percibe e procesa os xestos, integraron as últimas investigacións psicolóxicas ?”ncluídas as súas propias” e as probas para a estimulación sensoriomotriz nun estudo que publica Trends in Cognitive Sciences esta semana.

Gráfico que representa os resultados da investigación.
Gráfico que representa os resultados da investigación.

Segundo as autoras, cando vemos a expresión facial de alguén adoitamos imitala, aínda que sexa de maneira inconsciente, e extraemos o significado emocional do que vemos en cuestión de milisegundos. Isto débese a que asociamos ese xesto a unha determinada emoción que no pasado nós mesmos expresamos. A relación psicolóxica delataría un papel importante da simulación sensoriomotriz no recoñecemento das emocións, xa que o proceso implica aos sistemas somatosensorial e motor, encargados do sistema estímulo-resposta e o control dos movementos, respectivamente.

“Esta especie de reflexo imaxinario da cara da outra persoa dille ao cerebro como debe sentirse ante esa expresión facial concreta. Sucede de forma automática e inconsciente, polo que temos a impresión de ser capaces de ‘ler’ a súa mente e saber como sente”, declara Adrienne Wood.

O sistema de identificación das emocións pode axudar a prever futuros comportamentos ou sentimentos. Con todo, matizan as científicas, non deixaría de ser un xogo de predición, xa que en ningún caso pódese saber de certo como adoita expresarse ou que é o que sente outra persoa só con mirala.

As investigadoras cren que pode axudar a entender o espectro autista

A habilidade para recoñecer as emocións alleas e sentilas pode verse reducida cando unha persoa non pode imitar expresións faciais, como lles sucede a quen padece unha parálise facial debido a un derrame cerebral ou a parálise de Bell, ou mesmo cando os nervios foron danados nunha cirurxía plástica.

Un problema parecido é o daqueles que sofren trastornos relacionados co recoñecemento de emocións, como os do espectro autista. “A ausencia de mímica facial nas persoas autistas pode deberse á supresión do contacto visual. Se se estimulase este contacto, a mímica podería xurdir espontaneamente”, afirma Paula Niedenthal.

Wood indica que “coñecer as consecuencias sociais e emocionais destes problemas contribuirá a axudar a mellorar a calidade de vida dos pacientes, quizá ensinándolles outras estratexias para o recoñecemento das emocións”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Dicionario da Real Academia Galega actualiza a definición de ‘autismo’

A nova redacción adáptase aos cambios producidos na súa descrición científica, que deixa atrás a súa consideración como enfermidade

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

O que sabemos do papel da microbiota no autismo e como pode mellorar os tratamentos

Recentes achados revelan que a presenza ou ausencia de determinadas bacterias inflúen nos síntomas que sofren os nenos con TEA

Un estudo sobre os xenes que causan o autismo abre novas rutas para a prevención

A neurocientífica Gaia Novarino logrou que ratos coa mutación desenvolveran dificultades motoras e sociais despois do nacemento