Santiago lidera un proxecto para adiantar 5 anos a diagnose do Alzhéimer

Máis de 100 investigadores europeos, liderados polo Grupo de Neurociencias Clínicas do IDIS no que participa a USC, traballarán no proxecto europeo PANA (Promoción do envellecemento activo: nanoestruturas para fases moi precoces da enfermidade de alzhéimer) que xurde co obxectivo de contribuír a mitigar e atrasar os devastadores efectos desta patoloxía. A investigación lidérana o director científico do Idis e profesor da USC José Castillo e o investigador do Servizo Galego de Saúde Tomás Sobrino.

Cunha duración de cinco anos e un orzamento de preto de 8 millóns de euros, trátase da principal investigación europea sobre a enfermidade de Alzhéimer, que busca desenvolver nanoestruturas que permitan o diagnóstico precoz desta demencia cinco anos antes de que comece a sintomatoloxía clínica.

Publicidade

Dende o ano 2000, as mortes por Alzhéimer aumentaron un 71% en Europa

Ata o de agora non existen tratamentos efectivos para a enfermidade de Alzhéimer, posiblemente porque a patoloxía é diagnosticada en etapas tardías. Por iso, o proxecto PANA ten como obxectivo desenvolver un sistema de detección precoz baseado na nanotecnoloxía mediante o deseño de nanoestruturas multimodais que se unen a un biomarcador específico da enfermidade, e que poderán ser detectados por técnicas de neuroimaxen como a Resonancia Magnética e a Tomografía de Emisión de Positrones (PET).

As nanoestruturas teranósticas (que permiten á vez o diagnóstico e o tratamento da enfermidade) que desenvolverá este proxecto recoñecen dianas terapéuticas moi precoces implicadas no comezo e avance da enfermidade de Alzhéimer desde un punto de vista traslacional e multidisciplinar.

Publicidade

O Alzhéimer constitúe a primeira causa de demencia no adulto. Máis de 7,5 millóns de cidadáns europeos, de idade comprendida entre os 30 e 99 anos, sofren algún tipo de demencia. O cambio demográfico europeo, co envellecemento progresivo da súa poboación (especialmente en Galicia), acompañado dunha mellor atención sanitaria condiciona un incremento da súa incidencia e prevaleza para os próximos anos. Entre 2000 e 2013 as mortes por esta enfermidade aumentaron nun 71%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Unha investigación galega abre unha nova vía para mellorar o diagnóstico de tumores en tecidos brandos

O equipo de Radioloxía do CHUS e do IDIS combina por primeira vez a elastografía e a microvascularización para coñecer mellor o comportamento biolóxico das lesións