Super Planet Crash: crea o teu propio sistema planetario


Créditos do xogo e licenza BY-NC-ND CC: Stefano Meschiari (U. Texas en Austin)
Explicación: sabes crear un sistema planetario que dure 500 anos? O xogo que presentamos, Super Planet Crash, permíteche tentalo. Para crear ata dez planetas só tes que premer en calquera lugar preto da estrela central. Os tipos de planetas poden escolmarse á esquerda en orde de maior masa: Terra, Súper-Terra, Xigante de xeo, Planeta xigante, Anana marrón ou Estrela anana. Cada planeta é atraído gravitatoriamente non só pola estrela central de tipo solar, senón tamén polos outros planetas. O premio son puntos, con factores de bonificación aplicados polo aumento de poboación planetaria e os sistemas habitables. O xogo remata tras 500 anos ou cando un planeta é expulsado gravitatoriamente. Estanse a descubrir moitos sistemas exoplanetarios nos últimos anos e Super Planet Crash demostra por que algúns fican estables. Como podes sospeitar, despois de xogar ao Super Planet Crash unhas poucas veces, hai unha razón para crer que o noso propio Sistema Solar chegou a perder planetas durante a súa formación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns