Primeiro plano da nebulosa Burbulla

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; procesado e licenza: Judy Schmidt
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Legacy Archive; procesado e licenza: Judy Schmidt

Explicación: trátase da burbulla contra a nube. NGC 7635, a nebulosa Burbulla, está a ser empurrada polo vento estelar da estrela masiva BD+602522. Aínda que ao seu carón vive unha xigantesca nube molecular, que se olla á dereita. Neste lugar do espazo, unhaforza irresistible atópase cun obxecto inamobible dun xeito interesante. A nube é quen de conter a expansión do gas da burbulla, pero resulta batido pola radiación quente que procede da estrela central da burbulla. A radiación quece as rexións densas da nube molecular facéndoa brillar. A nebulosa Burbulla, amosada aquí en corres escollidas cientificamente para darlle contraste, ten uns 10 anos luz de diámetro e forma parte duncomplexo moito máis grande de estrelas e casulos. A nebulosa Burbulla pode ollarse cun telescopio pequeno cara a constelación da Raíña de Etiopía (Cassiopeia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo