Sen rastro dos falsos koalas avistados en Galicia

Era unha broma pero varios medios de comunicación en Galicia convertérono en noticia. Daban credibilidade a unha orixinal campaña en Facebook para denunciar o monocultivo de eucalipto. E publicaban algo sinxelamente imposible: unha comunidade de koalas (‘Phascolarctos cinereus’) fora avistada en Ordes. Os medios retiraron logo as noticias, borrándoas tamén en Internet, tras descubrir algo que, certamente, xa era moi difícil de crer. A axencia Europa Press difundiu a noticia, como un feito certo, dándolle toda a credibilidade.

koalas noticia
Unha das novas publicadas baixo do epígrafe ‘Fauna’

O inicio do último fenómeno viral xurdiu tras a publicación dun curioso comunicado de prensa nun perfil de Facebook denominado Mancomunidade da Farbuda. Baixo o título «Veciños da comarca de Ordes alertan da existencia de koalas», o texto publicaba o avistamento dunha suposta colonia de koalas en Ordes, vivindo nunha plantación de eucaliptos.

Publicidade

Unha suposta enxeñeira agrónoma certificaba a presenza dos koalas

A broma estaba ben tirada. Aparecía unha suposta enxeñeira agrónoma, Verónica Vázquez, que sinalaba: «A enxeñeira agrónoma cre posible a adaptabilidade do koala no noso hábitat pois conta coa súa principal fonte de alimentación: o eucalito. Esta especie aliméntase nun 90 % desta árbore, inxerindo e mastigando arredor de medio quilogramo diario de follas de eucalito». Moitos medios de comunicación non repararon en que o 1 de abril é o equivalente, no mundo anglosaxón, do Día dos Inocentes. E a inocentada incríbel realmente funcionou.

Horas máis tarde de que o engano se viralizase, a produtora Illa Bufarda desmontaba nun comunicado no seu perfil de Facebook a súa propia invención. «Polo de agora non existen koalas na Galiza. Koalas entendidos como especie animal que habita en Australia. E engadían a razón da campaña: «O eucalipto provoca a perda de nutrientes do solo diminuíndo a súa fertilidade. Deste xeito, fan empobrecer o noso solo e esquilman a nosa diversidade arbórea. A pesar de todo isto as plantacións de eucalipto supoñen máis do 30 % dá superficie forestal galega, fronte ao bosque autóctono que non chega nin ao 2 %».

Publicidade

O gran éxito da campaña foi que algo tan difícil de crer se convertese nunha nova acreditada en moitos medios. Porque non, polo de agora non hai koalas en Galicia.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía