Posta da Lúa no porto de Nova York

Créditos da imaxe e copyright: Stan Honda
Créditos da imaxe e copyright: Stan Honda

Explicación: a posta da Lúa do 1 de xaneiro capturouse nesta instantánea do mar e o ceo nocturno desde o peirao da cidade de Nova York. Co seu morno luar brillando ao través da brétema e as nubes finas, esta Lúa de Aninovo tiña uns 3 días de idade, nunha fase crecente. O disco lunar que ollamos está alumeado nun 10 por cento. Tamén sinxelo de descubrir nos bretemosos ceos urbanos, Venus refulxe sobre o horizonte occidental, comezando o ano como a estrela verpertina da Terra. Venus, como a Lúa, atravesa un rango de fases desde o punto de vista do noso polaneta. Cando comezou o ano, as vistas telescópicas do disco do brillante planeta interior amosaría máis ou menos o 50 por cento alumeado, medrando a un crecenta maior pero máis delgado a comezos de marzo.  A almenara de benvida do porto de Nova York, a Estatua da Liberdade, ancora un recanto terrestre do triángulo da noite na parte esquerda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite