Marilar Aleixandre entra na Academia Galega o vindeiro 14 de xaneiro

A catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais Marilar Aleixandre ingresará na Real Academia Galega nunha sesión extraordinaria no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) o vindeiro día 14 de xaneiro. Escritora, bióloga, profesora e investigadora, a nova académica ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento de Xosé Neira Vilas. Na sesión de recepción lerá o discurso titulado ‘Voces termando da paisaxe galega’, ao que lle dará resposta a membro de número da RAG Fina Casalderrey.

Como bióloga e experta en educación, Marilar Aleixandre foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias: foi coautora dos dous primeiros textos de ciencias naturais en galego (Xilbarbeira, editado polos autores e autoras en 1982, e Setestrelo, editado por Xerais en 1988); do primeiro Vocabulario das Ciencias en galego, en colaboración co Instituto da Lingua Galega (1991), e doutros materiais, itinerarios, artigos e ensaios sobre o ensino das ciencias.

Publicidade

Aleixandre publicou o primeiro Vocabulario das Ciencias en galego

Na actualidade, a súa liña de investigación é a argumentación, o uso de probas e o pensamento crítico no ensino das ciencias, mediante análise do discurso. Neste campo é autora dalgúns dos artigos máis citados internacionalmente sobre o tema. É, de feito, considerada unha das figuras máis relevantes da investigación en didática das ciencias en Europa.

Como escritora, a faceta pola que é coñecida popularmente, Marilar Aleixandre conta cunha frutífera traxectoria, sempre desenvolvida en galego e recoñecida tanto pola crítica (suma dezasete galardóns) como polo público lector a través de máis de corenta títulos. A súa obra foi traducida ao portugués, castelán, chinés, catalán e éuscaro, e tamén recollida en antoloxías en inglés.

Publicidade

En relación co seu labor docente e investigador, é integrante, entre outros, dos consellos de redacción das dúas revistas de meirande índice de impacto na didácticas das ciencias, Science Education e JRST; é membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e é socia de Nova Escola Galega, a European Science Education Research Association (ESERA) e a National Association for Research in Science Teaching (NARST).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio optan a Palabra do Ano 2025

A iniciativa impulsada pola RAG e a Fundación Barrié inicia o seu período de votacións, que pechará o 21 de decembro ás 23:59 horas

O manuscrito no que Castelao descoñece a súa elección como membro da RAG

A institución publica en formato dixital documentos vinculados ao ingreso do escritor galego o 25 de xullo de 1934

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela