IC 4406: unha nebulosa aparentemente cadrada

Créditos da imaxe: C. R. O’Dell (Vanderbilt U.) et al., Hubble Heritage Team, NASA
Créditos da imaxe: C. R. O’Dell (Vanderbilt U.) et al., Hubble Heritage Team, NASA

Explicación: como pode unha estrela redonda crear unha nebulosa cadrada? Este misterio vén á luz ao estudar nebulosas planetarias coma IC 4406. A evidencia indica que probablemente IC 4406 é un cilindro oco, sendo a aparencia cadrada o resultado do noso punto vista ao ollar ao cilindro desde un lateral. Se olláramos IC 4406 desde enriba, probablemente se parecería á nebulosa Anel. Esta fotografía en cores simuladas é unha composición feita coa combinación de imaxes tiradas polo telescopio espacial Hubble en 2001 e 2002. O gas quente flúe ao exterior polas bases do cilindro, mentres os filamentos de po escuro e gas molecular amalloan as paredes laterais. A estrela principal responsable desta escultura interestelar pode acharse no centro da nebulosa planetaria. Nuns poucos millóns de anos, a única cousa que ficará visible en IC 4406 será unha estrela anana branca esmorecendo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo