Nubes de Andrómeda

Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)

Explicación: a fermosa galaxia Andrómeda é fotografada polos astrónomos do planeta Terra a miúdo. A galaxia espiral máis achegada a nós, tamén coñecida coma M31, é unha visión familiar cos seus corredores escuros de po, o brillante núcleo amarelado e os brazos espirais perfilados pola luz estelar azul. Este retrato excelente e cheo de cor, un mosaico de imaxes ben tiradas con filtros de banda ancha e estreita, do noso universo illa veciño ofrece características abraiantemente estrañas, como nubes febles avermelladas de gas hidróxeno ionizado no mesco campo de vista. Así e todo, as nubes de hidróxeno ionizado probablemente se atopan no primeiro plano da escena, ben dentro da nosa galaxia Vía Láctea. Poderían estar asociadas cos ubicuos cirros interestelares de po esparexidos centos de anos luz por riba do noso propio plano galáctico. Se estiveran aos 2,5 millóns de anos luz de distancia da galaxia Andrómeda serían enormes, como a propia Andrómeda cos seus 200.000 anos luz de diámetro aproximadamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español