O sistema planetario Kepler-90

Créditos da ilustración: NASA Ames, Wendy Stenzel
Créditos da ilustración: NASA Ames, Wendy Stenzel

Explicación: hai sistemas planetarios coma o noso noutras estrelas? Si; un deses sistemas é Kepler-90. Catalogado polo satélite Kepler en órbita, descubriuse un oitavo planeta dándolle a Kepler-90 o mesmo número de planetas coñecidos có noso Sistema Solar. As semellanzas entre Kepler-90 e o noso sistema inclúen unha estrela de tipo Gcomparable ao noso Sol, planetas rochosos comparables á nosa Terra e planetas grandes comparables en tamaño a Xúpiter e Saturno. As diferencias inclúen que todos los planetas coñecidos de Kepler-90 orbitan relativamente preto, máis preto que a órbita da Terra ao redor do Sol, facendo que sexan demasiado cálidos para albergar vida. Porén, as observacións durante periodos longos de tempo poida que descubran planetas máis fríos e lonxe. Kepler-90 atópase a uns 2 500 anos luz de distancia e cunha magnitude 14 é visible cun telescopio de tamaño medio cara a constelación do Dragón (Draco). As misións para atopar exoplanetas planificadas para ser lanzadas na vindeira década inclúen a TESS, JWST, WFIRST e PLATO.

Xa tes o teu Ceos Galegos – calendario astronómico 2018?

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo