A casa de Kepler en Linz

Créditos da imaxe e copyright: Erich Meyer (Astronomical Society of Linz)
Créditos da imaxe e copyright: Erich Meyer (Astronomical Society of Linz)

Explicación: hai catro centos anos hoxe (15 de maio de 1618) Johannes Kepler descubriu a sinxela regla matemática que goberna as órbitas dos planetas do sistema solar, coñecida agora como a Terceira Lei de Kepler do movemento planetario. Nese momento estaba a vivir nesta casa alta en The Hofgasse, unha rúa estreita preto do castelo e da praza maior da cidade de Linz, Austria, planeta Terra. A identificación concluínte desta residencia (Hofgasse 7) como a localización do descubrimento da súa terceira lei é en si mesmo un descubrimento recente. Erich Meyer da Sociedade Astronómica de Linz foi quen de resolver o misterio histórico, baseado en parte nas descricións das propias observacións de Kepler de eclipses lunares. Kepler, unha figura chave da revolución científica do século XVII, sustentou os descubrimentos de Galileo e o sistema copernicano de planetas orbitando ao Sol en vez de á Terra. Amosou que os planetas se moven en elipses ao redor do Sol (Primeira Lei de Kepler), que os planetas se moven proporcionalmente máis rápido nas súas órbitas cando están máis preto do Sol (Segunda Lei de Kepler) e que os planetas máis afastados teñen órbitas solares proporcionalmente máis longas (Terceira Lei de Kepler).

Fotos astronómicas e música de theremín en vivo na Coruña o 25 de maio.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo