A Guerra das Galaxias: M81 contra M82

Créditos da imaxe e copyright: André van der Hoeven, Neil Fleming e Michael Van Doorn
Créditos da imaxe e copyright: André van der Hoeven, Neil Fleming e Michael Van Doorn

Explicación: na esquina inferior esquerda, arrodeado polos brazos espirais azuis, está a galaxia espiral M81. Na esquina superior dereita, marcada por gas vermello e nubes de po, está a galaxia irregular M82. Esta vista espectacular amosa estas dúas galaxias descomunais trabadas en combate gravitatorio, tal e como estiveron durante o último milleiro de millóns de anos. A gravidade de cada galaxia afecta radicalmente á outra durante cada paso, cada cen millóns de anos. Na última rolda, a gravidade de M82 probablemente fixo emerxer ondas de densidade propagándose ao redor de M81, resultando na riqueza dos brazos espirais de M81. Pero M81 deixou a M82 con violentas rexións de formación estelar e nubes de gas en colisión tan potentes que a galaxia brilla en raios X. Esta gran batalla óllase desde a Terra ao través do brillo tenue dunha nebulosa de fluxo integrado, un complexo de nubes de po e gas difuso pouco estudiado da nosa galaxia Vía Láctea. Nuns poucos milleiros de millóns de anos só ficará unha galaxia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego permitirá que os bancos actualicen a súa criptografía sen cambiar as formas de pago

Qryption é unha iniciativa do centro tecnolóxico Gradiant pola que poderán centralizarse os sistemas criptográficos financeiros nun só punto de xestión, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia

Onde están as mulleres

Un ano máis, os Nobel de Ciencia só se outorgan a homes

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua