Monte queimado na serra dos Ancares durante os lumes de outubro de 2017. Foto: R. Pan.

Monte queimado na serra dos Ancares durante os lumes de outubro de 2017. Foto: R. Pan.

15-O, un ano despois: onde estabamos, e onde estamos?

Hai un ano, Galicia viviu un pesadelo de pánico colectivo, con centos de vidas en risco; pero fixemos algo neste tempo para evitar que volva a acontecer?

Hai datas que fican na memoria de tal xeito que, se nos preguntan, todos lembramos con nitidez o que estabamos facendo aquel día. Un número e unha inicial que marcan cada xeración. Para nós, o 15 de outubro de 2017 vai ser durante anos o 15-O. Ás horas nas que estamos escribindo e lendo isto, botaremos a mirada cara a atrás e pensaremos naquela tarde e naquela noite, e naquela madrugada que foi, posiblemente, unha das que menos se durmiu na historia de Galicia.

Moitos de nós fomos responsables, por non ver a situación extrema que nos viña enriba

O impacto foi tan grande, tan rápido e con tantas frontes que foi moi difícil non perder o sosego. Moitos de nós fomos responsables, por non ver as condicións extremas que se nos viñan enriba. Días antes, desde os medios mirabamos como chegaba Ophelia polo Atlántico coma se fose un parque de atraccións. Pareciamos dicir: “Oh, mirade, un furacán!, sen pensar no perigo que traía con el. Eu mesmo escribía frases coma estas sobre as prediccións da chegada da tormenta: “Con estes datos, desde a axencia autonómica conclúen, coa información do día de hoxe, que podería haber ventos importantes en Galicia na noite do domingo e na madrugada do luns. Polo de agora, non parece que as chuvias vaian ser significativas”. Tiñámolo diante dos fuciños: ventos moi fortes e temperaturas moi elevadas, e levabamos informando desde había tempo sobre a extraordinaria seca que afectaba a Galicia, despois de moitos meses sen apenas chuvia. Moitos non o soubemos ver, e a quen advertiu disto, non se lle escoitou o suficiente.

Non só os xornalistas perdemos o sosego. Porque se supón, polo menos, que os gobernos tamén dispoñen de informes meteorolóxicos e de risco de incendios. E, sobre todo, de ferramentas de xestión para facer as reformas precisas que eviten estas catástrofes. Pero é máis rápido e sinxelo botarlle a culpa a Portugal, ou pagar páxinas de propaganda nos xornais para reiterar a tese dun suposto terrorismo incendiario que a xustiza – á que tanto se alude noutros asuntos – desbotou varias veces como causa principal dos lumes despois de profundas e longas investigacións. E dispoñen tamén, por certo, de medios de comunicación públicos para facer nada máis nin nada menos que o que se lle presupón en momentos como o do 15-O: servizo público.

Monte arrasado xunto á estrada da Ucella, nos Ancares.

Monte arrasado xunto á estrada da Ucella, nos Ancares.

Moitos de nós, en definitiva, perdemos o sosego. Perdémolo tamén cando a xente se puxo a perseguir a uns motoristas vestidos de negro que percorrían Vigo prendendo lume. Perdémolo tamén cando só nos botamos as mans á cabeza se o lume chega ao Eixo Atlántico. Pero perdemos tamén o acougo como sociedade no momento no que nos deixamos de preocupar (e de esixir aos políticos) unha ordenación do territorio responsable e sostible, que evite que as aldeas se convirtan en trampas cando chega o lume. E perdemos tamén o sosego cando pechamos os ollos para non mirar cara aos que quen sabe bastante do tema chama ‘náufragos‘ do rural; ese lugar para o que moitas veces só miramos para botar unhas risas, facer brincadeiras e encher o maleteiro de comida para toda a semana. Porque hai náufragos no rural, aínda que non queiramos velos, e seguro que case todos coñecemos a algún ou algunha.

Porén, pasou un ano, e cabería preguntarse onde estamos. Xa non podemos pechar os ollos e negar que existe un problema. Quen sabe do tema sinala que hai aínda moito traballo pendente. Un ano despois de Ophelia, apareceu Leslie, pero libramos porque choveu máis, e as temperaturas eran máis baixas. Temos por diante un cambio climático evidente, cunha nova xeración de lumes, máis voraces e case sempre incontrolables. Hai que facerse a pregunta: estamos preparados? Podemos debater, botar a culpa a uns e a outros, dar e quitar razóns e explicalo de mil xeitos distintos. Pero é moi posible que, se as condicións do ano pasado se repiten, mañá poderiamos ter outro 15-O.

 

Unha resposta a “15-O, un ano despois: onde estabamos, e onde estamos?

  1. Javier Fuentetaja de Salazar

    Cuando suceden las desgracias, todos nos echamos las manos a la cabeza. Intentamos buscar culpables y raramente los encontramos.
    Yo soy un bombero forestal que trabaja en el SPDCIF de Galicia desde 2002 y que, por desgracia, lo unico que pude hacer ese día fue llorar por no poder estar con mis compañeros luchando contra el fuego con todas mis fuerzas, pues es lo que hacemos.
    No estuve con mis compañeros, porque tuve que buscar una alternativa mejor que trabajar 3 meses al año para alimentar a mi familia.
    Cuando llegó el 15-O gran parte de mis compañeros estaban en la calle, ya que habían terminado su contrato. Pero se avisó a los responsables de nuestro servicio, que con estas c8rcunstancias de escepcionalidad, era una verdadera locura reducir el número de efectivos a una infima parte.
    Pertenezco a una asociación que lucha sin descanso para cambiar nuestra situación contractual con la empresa, alegando un montón de motivos como es el de la desestacionalización de los incendos entre otros.
    Somos bomberos forestales. Vivimos para acudir lo antes posible al infierno, cuando la mayoría de la gente nos llama locos. Hemos trabajado en distintas ocasiones con otros cuerpos agenos a nuestro servicio y se han dado cuenta de lo bien que hacemos nuestro trabajo. Somos profesionales y concienzudos en lo que hacemos. Y como bien a dicho el compañero, queda mucho trabajo por hacer para cambiar las cosas. Sólo queda solicitar la suficiente voluntad política para estimular el cambio y prepararnos para hacer frente a una nueva era de incendios, para preparar a la población para hacer frente a este tipo de catástrofes y asumir los errores para poder hacerles frente con mayor eficacia que cuando se cometieron.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.