Volven a circular os trens en Galicia máis de 24 horas despois

As estacións fixeron de albergues improvisados nunha xornada de caos con milleiros de pasaxeiros rescatados do interior de centos de trens

Volven a circular os trens en Galicia. A rede ferroviaria na comunidade galega reactivouse case 28 horas despois do grande apagamento en todos os servizos, segundo comunica o Ministerio de Transportes en redes sociais. O primeiro tren, un Media Distancia, partiu da estación de Santiago cara á de Vigo ás 16.00 horas. Tamén se retomaron os servizos de Cercanías e Longa Distancia.

Recupérase así certa normalidade na rede ferroviaria máis dun día despois do grande apagamento do luns 28 de abril, que tivo nas terminais de tren un dos puntos de máis tensión. A interrupción da subministración eléctrica provocou o corte total do tráfico desde as 12:30 horas, deixando milleiros de persoas afectadas, atrapadas dentro dos trens ou sen posibilidade de desprazarse a centros de traballo ou estudo. As cifras oficiais falan de 35.000 persoas rescatadas do interior dos trens parados nas vías, moitos deles galegos, como os que viaxaban nun servizo entre A Coruña e Barcelona que tiveron que agardar ata xa entrada a madrugada do martes.

Publicidade

https://www.gciencia.com/actualidade/apagamento-masivo-galicia

Deste xeito, recuperación da normalidade que xa se percibe na meirande parte da actividade do país tardará máis en chegar ás estacións de tren, que terminaron por se converter en albergues improvisados para as persoas que non tiñan onde pasar a noite. Ocorreu na da estación de Ourense, onde Cruz Vermella habilitou unha ducia de catres e repartiu comida para os afectados pola cancelación do tráfico ferroviario e por estrada.

A primeira hora da mañá deste martes, Renfe comunicaba polas súas canles oficiais que non haberá servizo ata novo aviso en toda Galicia. E pedía aos afectados non se despracen ata as estacións, xa que comunicará con “suficiente” antelación cando volverán a estar operativos. Os viaxeiros tiñan a opción solicitar o reintegro ou o cambio de billete sen custo adicional. Agora, a normalidade comeza a chegar, tamén, ao transporte por ferrocarril.

Publicidade

Máis autobuses

Ante a interrupción total do tráfico ferroviario, a Xunta activou un reforzo especial no servizo de transporte por estrada en autobús. O dispositivo especial céntrase nos principais nós de conexión no eixo atlántico e os corredores entre as sete grandes cidades: A Coruña, Vigo, Santiago, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense.

Os aeroportos galegos permanecen operativos este martes, aínda que xa se produciu algunha cancelación. As terminais mantiveron certa normalidade durante a xornada do luns ata o mediodía, cando comezaron a producirse cancelacións, segundo as autoridades, para evitar a saturación do sistema.

Para este martes, as recomendacións para os pasaxeiros pasan por comprobar as liñas de transporte para chegar ás terminais e que consulten a información cas aeroliñas por posibles reprogramacións de voos afectados polo apagamento do luns.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía