Gciencia estrea canle de WhatsApp co gallo do seu décimo aniversario. A través da aplicación de mensaxería instantánea, o xornal da ciencia galega ofrece unha nova funcionalidade aos seus lectores para que sempre estean informados sobre a actualidade científica de Galicia e de fóra das súas fronteiras. Dunha forma sinxela, directa e dinámica, os usuarios terán acceso a través do seu propio WhatsApp a noticias, vídeos e últimas horas máis relevantes, ademais de moitos outros contidos que iremos desvelando. Se queres sumarte á nosa canle de WhatsApp podes unirte clicando nesta ligazón.
Se decides unirte, a primeira hora da mañá recibirás unha imaxe da nosa portada cos contidos máis destacados do día. Ao longo da xornada, irás recibindo as noticias e as reportaxes máis salientables, así como outras pezas de relevancia e cun importante protagonismo do audiovisual. É dicir, a través da nosa canle non só recibirás pezas escritas; tamén vídeos e imaxes de interese. Desta maneira, poderás estar sempre informado e da maneira máis rápida posible. Ao final do día recibirás no teu móbil un resumo de todos os contidos publicados en Gciencia ao longo da xornada coas ligazóns correspondentes á nosa páxina web e un breve resumo de cada unha das pezas.
Como unirse
Sumarse á canle de Gciencia é ben doado, só tes que clicar nesta ligazón e tes acceso directo. A continuación, debes premer no botón “Seguir” que aparecerá na esquina superior dereita. Debes ter en conta que a canle non aparecerá na pestana de “Chats”, senón na de “Novidades”, xusto debaixo dos “Estados”. Amais disto, ao ser unha canle de difusión non poderás responder con textos ás nosas mensaxes pero si reaccionar aos posts que enviemos facendo uso dos emoticonos. Por último, lembra ter actualizada a túa versión de WhatsApp para ter acceso a esta nova funcionalidade.
Protección de datos
No que respecta á privacidade da canle de difusión de Gciencia, é importante que saibas que os teus datos persoais permanecerán ocultos. É dicir, nin o xornal nin o resto de usuarios da canle terán acceso ao teu número de teléfono. A túa información é completamente confidencial e non saberemos, tampouco, a que outras canles segues. Polo tanto, súmate á nosa canle de WhatsApp e desfruta dende xa dos contidos máis destacados de Gciencia.













