Un compromiso coa comunicación científica de calidade

Como delegada institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia é para min unha satisfacción felicitar a Gciencia polo seu décimo aniversario.

As actividades de divulgación e de cultura científica e tecnolóxica son recoñecidas na Lei 14/2011, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, modificada pola Lei 17/2022, como consustanciais á carreira investigadora. Por iso, unha das misións do CSIC é promover e traballar este tipo de actividades.

Publicidade

No CSIC faise ciencia e tecnoloxía xerando contidos científico-técnicos que se difunden a través das ferramentas habituais no ámbito académico. Con todo, resulta necesario transmitir tamén aos medios de comunicación, xeralmente a través de Departamentos e/ou Unidades integradas no noso organigrama, aqueles que son de interese xeral conforme a valores-noticia. Tamén, atendemos aquelas solicitudes de medios de comunicación que acoden a nós en busca de fontes expertas para contextualizar e entender a actualidade relacionada coa ciencia e a tecnoloxía.

Neste labor, neste cometido clave para incrementar a cultura científico-técnica da sociedade, é fundamental dispoñer de medios de comunicación e de profesionais especializados en ciencia e tecnoloxía. É aí onde cabe aplaudir a posta en marcha, hai 10 anos, do portal Gciencia, e o seu traballo continuo e innovador, co lanzamento de iniciativas como Boísimo ou a recente canle de WhatsApp, para contar, en galego, a ciencia e a tecnoloxía que facemos en Galicia.

Publicidade

No CSIC atopamos sempre en Gciencia un medio interesado e sensible co noso labor

Nestes 10 anos Gciencia cubriu os principais fitos científico-técnicos e iniciativas do sistema galego de I+D+i, entre cuxos axentes figura o CSIC cos seus institutos, centros e unidades de investigación na comunidade galega: Delegación Institucional, Misión Biolóxica de Galicia, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (mixto coa Xunta), Instituto de Investigacións Mariñas, Instituto de Ciencias do Patrimonio, Centros Oceanográficos de Vigo e A Coruña, Instituto Español de Oceanografía, sede Atlántica da Unidade de Tecnoloxía Mariña e Centro de Supercomputación de Galicia.

No CSIC atopamos sempre en Gciencia un medio interesado e sensible co noso labor, a un medio aberto a novas liñas de actuación e a un medio comprometido con facer comunicación científica de calidade sobre o noso traballo. Por todo iso, parabéns e esperamos seguir mantendo unha estreita colaboración durante as próximas décadas.

Carmen González
Carmen González
Delegada institucional do CSIC en Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Un estudo do CSIC descobre sinais de inflamación arterial no ADN despois dos 50 anos

Os investigadores identifican tamén células inmunitarias 'esgotadas' que poderían explicar por que a inchazón persiste na enfermidade denominada arterite de células xigantes