O exército romano na conquista de Gallaecia

Un equipo de investigadores vén de trazar un completo mapa dos campamentos militares romanos na conquista da Gallaecia. O traballo foi presentado a semana pasada no congreso LIMES 2015 en Ingolstadt(Alemaña), a principal reunión científica sobre arqueoloxía militar de época romana. E os autores realizaron este vídeo interactivo, que conduce aos usuarios a cada un dos escenarios investigados. Os datos obtidos complementan ou amplían a información sobre as operacións militares romanas sobre o territorio de Galicia, Asturias, Cantabria e a Meseta Norte máis alá do ata agora coñecido pola arqueoloxía ou do que contan as fontes históricas romanas que chegaron ata nós.

Na investigación presentáronse seis novos campamentos romanos vinculados ao movemento de tropas na Galicia actual ou nas súas inmediacións. O achado é moi importante porque ata agora se descoñecía como fora o proceso de penetración do exército romano en Gallaeciadurante a conquista. Os dous únicos fortes romanos escavados e localizados ata agora na Galicia actual, A Cidadela en Sobrado dos Monxes (A Coruña) e Aquae Querquennae en Bande (Ourense), son de época ben posterior ao proceso de conquista.

(É posible obter subtítulos en galego na roda dentada de opcións e subtítulos)

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.