Premio de Comunicación Científica

Cartel I Premio Universitario “la Caixa” de Comunicación Científica.

Sete reportaxes competirán polo I Premio Universitario de Xornalismo Científico

O certame, convocado por GCiencia e a Fundación La Caixa, amosará diversos eidos da investigación en Galicia

O I Premio Universitario “la Caixa” de Comunicación Científica entra na súa fase final cunha alta participación e destacando pola calidade das propostas presentadas. O certame, que organiza GCiencia, a web da ciencia galega, co patrocinio da Fundación La Caixa, permitirá achegar a investigación en Galicia desde a perspectiva dos alumnos das facultades de comunicación das universidades galegas.

O xurado elixiu sete propostas xornalísticas que pasan á fase final do certame. Estes traballos serán publicados por GCiencia e un deles será o gañador desta primeira edición do premio.

Sara Pérez Seijo elaborará a reportaxe “Innopharma, una huella gallega en la industria farmacéutica”, sobre esta plataforma de investigación da Universidade de Santiago, con especial atención ó desenvolvemento de fármacos aplicados á psiquiatría.

Marta González e David Leiro presentarán unha entrevista radiofónica alternativa, en Neurobeat Radio. Humor e música acompañarán un cuestionario dinámico a membros do Grupo de Acuicultura do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC.

Carlos Rey Estévez escribirá sobre o soño e os seus aspectos controvertidos: “Que pasa cando desconectamos e o cerebro actúa por libre?”, pregúntase.

Andrea Espiñeira, en “Bajo el paraguas de Ángel Carracedo”, presentará o traballo do prestixioso Laboratorio de Medicina Xenómica da USC.

Andrea Oca trata un tema polémico: Medicar por costume. Refírese a psiquiatría, os intereses dos laboratorios e o novo manual de referencia psiquiátrico internacional.

Lidia Dosil analizará a colaboración entre empresa e universidade a través do exemplo do Talaso Atlántico e o estudo das microalgas pola Universidade de Vigo.

Sabela González presentará un traballo sobre a fotografía, un arte e, tamén, unha ciencia, a do revelado. O xogo da luz e da escuridade. E a ciencia que vai parella.

Divulgación e xornalismo científico

Divulgar a investigación que se fai nas universidades galegas, promover o xornalismo científico e animar ós estudantes universitarios a coñecer a ciencia nos seus campus é o obxectivo do I Premio Universitario “A Caixa” de Comunicación Científica que convocan a Fundación La Caixa e GCiencia, a web da Ciencia en Galicia.

O premio conta coa participación das tres universidades galegas -ACoruña, Santiago de Compostela e Vigo- e está dirixido a estudantes das facultades de Periodismo e Comunicación.

Nesta fase final, os participantes seleccionados poderán entregar os seus traballos ata o vindeiro 12 de maio. GCiencia publicará logo estas reportaxes e un xurado elixirá o gañador no mes de xuño. O xurado estará formado por representantes de La Caixa, as tres universidades, o Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e GCiencia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.