Marketing para Apple. E para Inverness. A compañía da mazá obtén publicidade para o seu servizo de mapas, competidor de Google. E a cidade escocesa relanza o turismo asociado ó Lago Ness, onde 2013 foi o primeiro ano desde 1928 en que ninguén avistaba o famoso monstro. A imaxe, non entanto, percorre o mundo. Un usuario de Mac, o inglés Andrew Dixon, publicou que vira nun pantallazo de Apple Maps o que semella unha estampa de Nessie. Pero moitos din que pode ser calquera cousa. Probablemente o que, científicamente, se considera unha “pareidolia”, o fenómeno psicolóxico polo que cremos ver obxectos recoñecibles en imaxes aleatorias. Acontece cos que ven unha cara triste na imaxe da Lúa chea, por exemplo. Polo de pronto, Apple e Inverness recibiron a súa ración de marketing. A conta de Nessie, o Monstro do Lago Ness.
Marketing para Apple. E para Inverness. A compañía da mazá obtén publicidade para o seu servizo de mapas, competidor de Google. E a cidade escocesa relanza o turismo asociado ó Lago Ness, onde 2013 foi o primeiro ano desde 1928 en que ninguén avistaba o famoso monstro.A imaxe, non entanto, percorre o mundo. Un usuario de Mac, o inglés Andrew Dixon, publicou que vira nun pantallazo de Apple Maps o que semella unha estampa de Nessie. Pero moitos din que pode ser calquera cousa. Probablemente o que, científicamente, se considera unha “pareidolia”, o fenómeno psicolóxico polo que cremos ver obxectos recoñecibles en imaxes aleatorias. Acontece cos que ven unha cara triste na imaxe da Lúa chea, por exemplo. Polo de pronto, Apple e Inverness recibiron a súa ración de marketing. A conta de Nessie, o Monstro do Lago Ness. 

Lago Ness
Imaxe do lugar onde algúns internatuas din ver o monstro do Lago Ness. O fenómeno de crer ver obxectos recoñecibles en figuras aleatorias chámase pareidolia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.