Unha investigación da USC sobre compostos antitumorais recibe o apoio de ‘la Caixa’

Un equipo do CiQUS, liderado por José Luis Mascareñas, obtén 300.000 euros por un proxecto centrado nas células nai cancerosas

Un equipo liderado por José Luis Mascareñas, científico asociado ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), está a desenvolver un estudo sobre a identificación de novos compostos que alteran e modulan a respiración mitocondrial das células cancerosas. Isto consegue que diminúan o seu potencial para promover e rexenerar tumores. A investigación, que se está levando a cabo en colaboración co Instituto de Investigacións Biomédicas “Alberto Sols” (IIBM CSIC-UAM), tamén conta coa participación do equipo do investigador Bruno Sainz. Os resultados obtidos ata o momento demostran unha potente actividade antitumoral e os estudos in vivo suxiren unha baixa toxicidade asociada con estes compostos de tipo metálico.

Amais disto, a investigación vén de recibir un impulso económico a través de CaixaResearch Consolitate, un programa de Obra Social “la Caixa”. Unha convocatoria que apoia proxectos innovadores e maduros na área de saúde, e que conta cun sólido plan de valorización. Ademais, esta nova subvención permitirá ao equipo do CiQUS e do CSIC realizar unha serie de estudos adicionais co obxectivo de validar a tecnoloxía en modelos preclínicos de diferentes tumores impulsados polas células nai cancerosas. E, así, poder facilitar o seu acceso ao mercado.

Publicidade

A proposta liderada por Mascareñas é un dos cinco proxectos de investigación biomédica que foron seleccionados na segunda quenda desta convocatoria a nivel nacional. Ademais de recibir un apoio económico de 300.000 euros, todos os proxectos contarán coa axuda de mentores para definir os seus plans de desenvolvemento e comercialización de forma personalizada, e apoio experto en transferencia de tecnoloxía, ferramentas de financiamento ou negociacións.

As células nai cancerosas

Máis en detalle, as células nai cancerosas (CSC) son unha subpoboación de células tumorais responsables principalmente do inicio do tumor, a metástase e a resistencia á terapia. Moitas quimioterapias empregadas para combater o cancro non eliminan as CSC en parte debido á súa alta plasticidade, unha propiedade que utilizan as CSC para adaptarse, resistir o tratamento e continuar propagándose. Non obstante, as CSC dependen da respiración mitocondrial para sobrevivir e evadir as defensas do sistema inmunolóxico, que os investigadores cren que representa un talón de Aquiles metabólico destas células.

Publicidade

Os equipos implicados neste proxecto xa teñen unha ampla experiencia neste campo. O liderado por Sainz xerou importantes avances na área da bioloxía celular e na actualidade está explorando formas de alterar os requisitos metabólicos das CSC. O grupo de Mascareñas xa é un equipo de referencia na área da química biolóxica, incluído o deseño de complexos metálicos a base de rutenio que sexan capaces de actuar de forma selectiva sobre o ADN. Os dous laboratorios forman un equipo multidisciplinar cunha dilatada experiencia cuxa colaboración se remonta a un proxecto IGNICIA da Xunta de Galicia.


Referencias:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns