A presenza da muller nas spin off univeristarias é mínima.

A presenza da muller nas spin off univeristarias é mínima.

Poucas mulleres nas ‘spin off’ universitarias

Un estudo galego revela que, malia ter os mellores currículums, a presenza de mulleres é mínima nas empresas que nacen nas universidades

Sara Fernández e María Jesús Rodríguez Gulías.

Sara Fernández e María Jesús Rodríguez Gulías.

A creación de empresas é considerada un dos factores chave do desenvolvemento económico e do mantemento da competitividade, en gran parte pola súa clara contribución á xeración de emprego. Os profesores María Jesús Rodríguez Gulías, da Universidade de Vigo, e Sara Fernández e David Rodeido, da Universidade de Santiago, son os autores do primeiro estudo empírico que analiza as diferenzas de xénero nos recursos iniciais (financeiros, humanos, sociais e tecnolóxicos) e no crecemento en vendas e en emprego das spin-off universitarias, no que conclúen que estas variables non difiren entre as empresas creadas por mulleres e as fundadas exclusivamente por homes.

Para este traballo, titulado A orixe universitaria como mitigador do efecto xénero nas spin-off españolas, os docentes analizaron a evolución entre 2001 e 2010 de 120 empresas xurdidas das aulas e laboratorios universitarios. E os resultados amosaron claramente a baixa presenza feminina neste tipo de empresas, xa que tan só un 22% das spin-off estudadas contaba con algunha muller entre os seus socios, fronte ao 78% das empresas formadas exclusivamente por homes e que non tiñan nin unha soa muller entre os seus fundadores ou socios.

En España o desenvolvemento do emprendemento universitario a través da creación de spin-off é relativamente recente. A aportación de fondos públicos mitiga os as diferenzas. “Cos resultados obtidos neste estudo demóstrase que as spin-off universitarias apoiadas en parte con recursos públicos eliminan as desigualdades de fondo que se atribúen ao emprendemento feminino, polo que estas políticas de apoio público contribúen de xeito indirecto a mitigar as diferenzas entre mulleres e homes”, asegura María Jesús Rodríguez Gulías, profesora da Área de Organización de Empresas da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.