Unha conxunción no ceo do serán

Conxunción no ceo do serán
Créditos da imaxe e copyright: Tunç Tezel (TWAN).

Explicación: hai oito anos, un ceo de serán contiña esta adorable parella dunha pequena crecente Lúa e un Venus brillante. A conxunción achegada, maila a súa reflexión invernal, ollada preto do horizonte occidental, captouse desde Bolu (Turquía), planeta Terra, o 19 de febreiro de 2007. Nos 8 anos terrestres desde que se tirou esta fotografía Venus orbitou ao Sol case 13 veces exactamente, polo que o Sol e Venus voltaron agora á mesma configuración no ceo da Terra. E como cada 8 anos, a Lúa case repite as súas fases durante un ano determinado, de novo aparecerá unha conxunción moi crecente luar-Venus moi semellante nos ceos do serán do planeta Terra esta noite. Pero o 20 de febreiro de  2015 a versión da conxunción tamén incluirá ao planeta Marte. Moito máis tenue, Marte vagará aínda máis preto de Venus na noite do 21 de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais