Luns 29 Abril 2024

Así é RurAllure, a plataforma da UVigo para explorar os camiños de Europa

A aplicación, desenvolvida por atlanTTic, promove un ecosistema de destinos para potenciar a economía rural da contorna das rutas de peregrinación

RurAllure, a plataforma que porá en valor o patrimonio rural e axudará a viaxar aos peregrinos de todos os camiños de Europa, xa ten listos os catro primeiros pilotos que poderán ser empregados polos usuarios dos camiños con destino a Santiago, Roma, Trondheim (Noruega) e Csíksomlyó (Romanía).

O obxectivo da aplicación, segundo lembra o seu coordinador, Martín López Nores, investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, “é crear un ecosistema de rutas de peregrinación a nivel europeo, de xeito que un peregrino teña información sobre puntos de interese local, tanto culturais e patrimoniais como sociais, que non están a pé de camiño. Trátase de fomentar que o visitante se adentre no territorio rural próximo para coñecer o seu patrimonio”.

Publicidade

O proxecto xa está operativo nos camiños de Santiago, Roma, Trondheim e Csíksomlyó e ampliarase a peregrinacións de toda Europa

Segundo López Nores, responsable de coordinar a todas as institucións adheridas ao proxecto, en seis países europeos, o obxectivo da plataforma é estimular a economía das zonas rurais próximas aos camiños de Europa. “A idea é que o peregrino pase tempo no territorio que visita e que isto teña un impacto económico sobre a zona”, engade Nores.

Liderado pola Universidade de Vigo, rurAllure é un proxecto H2020 financiado con tres millóns de euros. As interfaces web e móbil permiten que cada usuario deseñe a viaxe en función dos seus gustos e intereses. “Neste próximos meses, poremos a proba a intelixencia artificial aplicada ao proxecto e corrixiremos erros para que a tecnoloxía estea lista en toda Europa para 2023”.

Coordinado polo investigador de atlanTTic e docente da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, rurAllure conta tamén coa implicación da Facultade de Historia e outros grupos da UVigo, así como doutras institucións culturais, empresariais e municipais que nutren a iniciativa.

Puntos de interese fóra do camiño

“O proxecto traballa con información sobre medios de transporte axeitados que os peregrinos poderán empregar para coñecer os punto de interese fóra do camiño, como é o caso da Fundación Uxío Novoneyra, a 30 quilómetros do itinerario francés do Camiño de Santiago. A intención é derivar fluxos de visitantes e que aproveiten as súas incursións no medio rural para coñecer lugares de interese cultural e patrimonial, estimulando o desenvolvemento rural e cultural”, concreta Martín López Nores.

Tras a proba inicial dos catro primeiros pilotos, rurAllure estará listo en 2023 cunha plataforma de contidos nos que cada camiño europeo terá os seus propios puntos de interese, audioguías e narrativas multimedia, información sobre tendas e servizos locais, transportes dispoñibles para os desprazamentos… converténdose nun xestor de contidos único e homoxéneo para todos os camiños de Europa. “Non hai unha tecnoloxía igual aplicada a este tipo de experiencias de viaxe”, conclúe o investigador.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A comunicación cuántica como chave da ciberseguridade do futuro: o proxecto QURSA de atlanTTic

A iniciativa emprega como tecnoloxías de base a QKD e a criptografía avanzada para definir un caso de uso nun escenario con distintas posibilidades

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores organismos de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica